
Pese a mala calidade da foto merece a pena votar unhas risas no entroido
Máis fotos no album
A xuízo de Verdegaia, malia algúns avanzos, esta foi outra lexislatura perdida para a sustentabilidade na que se agravou a destrución ambiental.
Foi sintomático que a sustentabilidade estivese practicamente ausente do apartado "Emprego e desenvolvemento económico" do acordo programático para a formación do bipartito. A conversión ecolóxica da economía para decrecer o consumo de enerxía e de materiais volveu estar fóra das preocupacións da Xunta e así non sorprende que un dos compromisos máis destacados do capítulo "Territorio e sustentabilidade", a aprobación dun "Plan galego de desenvolvemento sostible", fose totalmente incumprido. A aposta pola sustentabilidade consistiu en pouco máis que en engadir "Desenvolvemento sostible" ao nome oficial da Consellería de Medio Ambiente.
Políticas destrutoras do territorio
Aínda que a redución da pegada ecolóxica global de Galicia non figuraba entre os obxectivos fundamentais do bipartito, si se incluía entre éstes o de "poñer en valor o territorio, mediante políticas de sustentabilidade ambiental, de calidade urbanística e de habitabilidade". O fracaso na consecución deste obxectivo é manifesto. Os planos sectoriais de piscifactorías e de portos deportivos, os concursos eólicos, a política mineira, o aumento do superávit de infraestruturas de transporte por estrada de alta capacidade, a execución de concentracións parcelarias impactantes, ou o apoio firme a REGANOSA na ría de Ferrol, son exemplos destacados de actuacións políticas destrutoras do territorio. Medidas positivas como a aprobación da Lei da Paisaxe, a moratoria urbanística no litoral ou a paralización dalgunhas minicentrais hidroeléctricas non impiden que a incidencia global das políticas do bipartito sobre o noso territorio teña sido moi negativo.
Alén diso,o Goberno apoiado por PSdG-PSOE e BNG incumpriu totalmente ou en parte algúns compromisos salientables ambientalmente beneficiosos que figuraban no programa que se comproteu a levar á práctica durante esta lexislatura:
-Traslado de ENCE: non se rexistrou ningún avanzo palpable.
-Medio rural: o Programa de Desenvolvemento Rural non aposta o suficiente por un modelo agrario sustentable. Elaborouse un Plan para o Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica que supón un importante impulso á produción ecolóxica certificada. A defensa do valor das terras agrarias, con medidas como a prohibición da forestación ou o Banco de Terras, é positivo para as sustentabilidade. A Xunta e o Parlamento non declararon inequivocamente a Galicia como Zona Libre de Transxénicos. A Lei de Montes non concluiu a tramitación e non foi consensuada coas organizacións ecoloxistas. Após a catástrofe incendiaria do verán de 2006, houbo melloras na política de incendios, particularmente en prevención, mais pouco se avanzou en materia de xestión forestal sustentable, por exemplo, no combate á eucaliptización.
-Planificación territorial: non se tentou acadar o "Pacto polo Territorio" para "planificar e ordenar os usos con criterios de sostibilidade". Tampouco se aprobaron as Directrices de Ordenación do Territorio, aínda que si se presentou un borrador que contén algunhas propostas insustentables e que non foi obxecto dun procedemento de avaliación ambiental estratéxica.
-Plan de usos do litoral: a súa elaboración está a sufrir un grande atraso.
-Rexeneración, preservación e saneamento integral das rías: o obxectivo de atinxir o saneamento integral das rías adiouse para a próxima lexislatura.
-Plan de transporte público de proximidade nas áreas metropolitanas de A Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo: non se avanzou nada en materia de transporte ferroviario.
-Novo Plan de Residuos: a proposta para o período 2007-2017, sen aprobar, non rompe totalmente co modelo SOGAMA, mantendo a actividade da incineradora de Cerceda (en 2017, queimaría o 30% dos residuos urbanos).
-Plan para o Aforro e a Eficiencia Enerxética: de impacto moi limitado, incorporouse no Plan Enerxético de Galicia 2007-2012, que prevé un aumento da demanda enerxética do 12,7% entre 2006 e 2012.
-Plan de Loita contra o Cambio Climático: aínda sen aprobar, non supón unha diminución das emisións de gases de invernadoiro. Co Plan, en 2012 as emisións de gases de efecto invernadoiro serán un 37% superiores ás de 1990, cando en 2006 tiñan medrado o 20,6 %.
"Goberne quen goberne, Galiza non se vende"
O balanzo desta lexislatura e das anteriores pon claramente en evidencia o escaso ou nulo compromiso coa defensa ambiental e a sustentabilidade da xeralidade dos políticos galegos e a necesidade de que a cidadanía se mobilice por un modelo económico sustentable e xusto que mellore as nosas vidas sen destruír o medio ambiente galego e global. É por iso que Verdegaia participará na manifestación convocada para o próximo 15 de febreiro baixo o lema "Goberne quen goberne, Galiza non se vende" pola rede Galiza non se vende, da que forma parte desde a súa creación.
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou un aumento da facturación e da superficie explotada.
Admite que se fagan repotenciaciones, aínda que preferiría que non houbese xeradores nesas áreas
Manuel Vázquez advirte de que revisará os proxectos caso a caso, pero ve contraditorio aumentar os hábitats protexidos e pór muíños
A Consellería de Medio Ambiente non autorizará os parques eólicos que acaban de ser adxudicados por Industria en espazos naturais protexidos. O responsable do departamento, o socialista Manuel Vázquez, colleu onte a testemuña de Touriño (que o sábado o emprazou a revisar os proxectos un a un) e explicou que a estratexia da consellería que dirixe, «antes e agora», é que «nin en Red Natura nin nas zonas que temos propostas, e nas que estamos traballando, autorícense novos desenvolvementos eólicos».A resolución do concurso eólico confirmou novamente que o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, defensor das centrais térmicas, de REGANOSA, das pizarreiras do Courel ou dos agrocombustibles, é un dos maiores inimigos da sustentabilidade en Galicia. A Consellería de Innovación e Industria non só non quixo esperar á elaboración dun novo Plano Sectorial Eólico que fose obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica, senón que tamén ignorou a proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 que manexa a Consellaría de Medio Ambiente. Verdegaia tamén valora negativamente que tan só 151,5 dos 2.290,7 MW (o 6,6%) da potencia concedida corresponda ao repotenciamento de parques existentes.
O segundo concurso eólico resolto polo bipartito
O concurso eólico que vén de resolver a Consellería de Innovación e Industria é o segundo desta lexislatura. O primeiro foi convocado en 2006 e nel admitíronse a trámite 21 novos parques. A tramitación destes parques fundamenta os temores sobre as consecuencias do concurso agora resolto. Ao se iren coñecendo os proxectos, confirmouse que algúns deteriorarán espazos de elevado interese natural e paisaxístico: é o caso dos parques Muxía I-2º Fase e Muxía II (na Costa da Morte, entre Touriñán e Muxía), Albariño (na serra da Groba), Pena Redonda (no macizo de Pena Trevinca) ou Alto do Rodicio e Ampliación de Sil-Fase II (no contorno do canón do Sil).
A pesar de xestos como o abandono da mesa de valoración do concurso eólico, non parece probable que a Consellaría de Medio Ambiente vaia declarar ambientalmente inviables algúns dos parques eólicos agora admitidos a trámite. Até hoxe, a Xunta só emitiu unha declaración de impacto desfavorable dun total de máis de 150 expedientes de avaliación ambiental de parques eólicos tramitados desde 1996. Con Manuel Vázquez á fronte da Consellaría de Medio Ambiente emitíronse 19 declaracións de parques eólicos, todas elas favorables, incluídas as de dous parques admitidos a trámite no concurso de 2006 (Fontesilva e Alto do Rodicio).
Mentres que o impacto negativo sobre o territorio dos 78 proxectos de parques admitidos a trámite no megaconcurso eólico do 2008 será moi notable, o seu impacto positivo na loita contra a mudanza climática será bastante limitado, ante a falta de políticas capaces de reducir o consumo de electricidade e de limitar drasticamente a produción sucia nas centrais térmicas, moi especialmente nas de carbón. Así, e segundo a propia Xunta, as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á produción enerxética en Galicia, a pesar de ser xa moi elevadas, aumentarán un 17% entre 2008 e 2012 a respecto de 2007.
El País. Análisis realizados por el Departamento de Enxeñería Química de la Universidad de A Coruña han detectado niveles excesivos de metales pesados en un afluente del río Eume. Según las mediciones dirigidas por el profesor Manuel Soto, el río Lavadoiro, cuyas aguas van a parar al cauce que baña las fragas, presenta una cantidad de aluminio que multiplica por 2.870 los umbrales recomendados por la ONU, unos límites superados 24 veces en el caso del uranio.
El estudio, realizado por encargo de la asociación ecologista Adega, registra una "preocupante" presencia de metales tóxicos. El arsénico multiplica por 4,7 los límites establecidos en el Real Decreto 995/2000 sobre los objetivos de calidad de aguas en relación con sustancias contaminantes. Las cantidades de cromo en el río Lavadoiro son 2,2 veces superiores a las establecidas en esta norma estatal. Este cauce -que desemboca en el río Chamoselo, un afluente del Eume- recoge, según Adega, las escorrentías de las obras de construcción de la autovía Ferrol-Vilalba y del parque empresarial de Airíos (As Pontes).
A la cadena trófica
No es la primera vez que los trabajos de la autovía son señalados como causa de problemas ambientales. La Consellería de Medio Ambiente culpa a estas obras de la muerte en junio de cientos de peces del parque natural de As Fragas. Los movimientos de tierras dispararon la acidez de las aguas del río, por lo que Medio Ambiente ha puesto en marcha "medidas de choque" para subir el pH. "Las labores de la consellería para recuperar el pH", critica Adega, "dejan sin tratar otra preocupante consecuencia de los vertidos: la cantidad de metales pesados que están siendo inyectados en la cuenca del Eume y que, en muchos casos, pasan directamente a la cadena trófica".
Los ecologistas alertan de la crisis "crónica" que sufre el Eume, castigado por "décadas de vertidos mineros" procedentes de la explotación de Endesa en As Pontes, que hacen que en algunos tramos el cauce esté "prácticamente muerto". El próximo golpe, advierte Adega, lo recibirá del lago que esta empresa pretende ejecutar en el hueco de la mina, ya cerrada. El fondo del yacimiento tiene "los mismos materiales y algunos incluso más tóxicos" que las obras de la autovía. El lago será, vaticina Adega, una "peligrosa balsa ácida que verterá aguas al Eume".
Aznar ha reprochado el destino de los recursos que van a parar "a causas científicamente cuestionables" en tiempos de crisis. El ex presidente del Gobierno se refería con estas palabras a los fondos empleados en combatir el cambio climático.
Durante la pr | Al | Ni | Zn | As | Cd | Cr | Se | U |
MOSTRA | mg/L | mg/L | mg/L | ug/L | ug/L | ug/L | ug/L | ug/L |
ENQ1 | 0,012 | 0,0081 | 0,0127 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | <0,05 |
ENQ2 | 0,034 | <0,0001 | 0,0025 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | <0,05 |
ENQ3 | 6,13 | 0,190 | 0,185 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | 2,60 |
ENQ4 | 287 | 6,09 | 5,29 | 235 | 18,0 | 113 | 1,7 | 362 |
Límites | 0,1 | 0,05-0,2 | 0,03-0,5 | 50 | 3 | 50 | 1 | 15 |
ENQ1- Río Eume. Marxes do encoro da Capela.
ENQ2- Río Eume. Augas arriba da confluencia co Chamoselo.
ENQ3- Río Chamoselo, antes da confluencia co Eume.
ENQ4- Río Lavadoiro, afluente do Chamoselo (recolle escorrentías das obras da autovía Ferrol-Vilalba e do polígono de Airós)
Valor guía recomendado pola OMS (Organización Mundial da Saúde)
Real Decreto 995/2000, de 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, de 11 de abril.
O Alumino, cuxa toxicidade se relaciona coa promoción do Alzheimer, supera en 2870 veces o recomendado pola OMS; metais moi tóxicos como o Arsénico e o Cromo superan en 4,7 e 2,2 veces os límites legais, mentres que o Uranio está 24 veces por riba do recomendado pola OMS. Á vista destes datos, ADEGA pregunta a Augas de Galiza que está a facer para atallar o problema dos metais pesados no Eume.
Alén disto, facemos tamén a seguinte reflexión:
El complejo que forman en Lourizán (Pontevedra) las fábricas de Celulosas y Elnosa incumplió la normativa en materia de vertidos híbridos y atomosféricos hasta 1994.
Ence asumió ayer la condena de seis ex directivos de la empresa por un delito ecológico, dos delitos continuados de daños y cuatro faltas contra las personas, en relación con la actividad contaminante de sus factorías de Pontevedra.
El voluminoso caso judicial (más de 12.000 folios) fue incoado en 1990 a raíz de una denuncia vecinal por los desperfectos aparecidos en una finca cercana a las fábricas y, tras doce años de instrucción, finalizó ayer en un par de horas de juicio con una sorprendente conformidad, que supone penas de más de seis meses de cárcel para los seis imputados finales (contra tres procesados fueron retirados los cargos).
Nueve directivos y ex directivos de Ence se enfrentaban inicialmente a una petición del fiscal superior a los tres años de prisión por cabeza. Jaime Gago Sevilla, ahora fiscal jefe de Guadalajara y sobre quien durante esos doce años recayó el grueso de la investigación contra la compañía pastera, explicó ayer que una reciente tendencia del Tribunal Supremo entiende que ya no existe el delito ecológico continuado que se imputaba, sino un único hecho aunque prolongado en el tiempo.
Por ello aceptó modificar antes de la vista sus pretensiones y rebajó las posibles condenas a cinco meses y multa de 30.000 euros por el delito ecológico (no continuado), 6.000 euros por los daños y cuarenta días de arresto por las lesiones.
Defensas y fiscal iniciaron conversaciones hace aproximadamente veinte días para fijar finalmente en esos términos la condena de conformidad.
A mayores, el acuerdo implica el pago de indemnizaciones de 150 euros a dos niños que en enero de 1994 sufrieron crisis respiratorias; 300 a otras dos personas que precisaron asistencia hospitalaria por fugas de gases irritativos, y 433.000 euros al Estado o a la Xunta. La compañía Ence fue declarada responsable civil subsidiaria.
La acusación popular, ejercida por Defensa da Ría, analizó ayer mismo el contenido de este acuerdo. De hecho, el tribunal tuvo que suspender unos minutos la vista para que pudiera pronunciarse.
Sólo añadió dos puntualizaciones: que se le permitiera exponer públicamente las razones por las que aceptaba ese final del caso y que se especificara que la indemnización de 433.000 euros se dedique a sanear la ría. Nadie puso inconvenientes, aunque el destino de dicha cantidad no pueda legalmente ser impuesto. Y Defensa da Ría dejó claro que ayer cumplió todos sus objetivos: que se investigase a Ence, que se sentase alguien en el banquillo y algo que en 1990 no imaginaba ni por asomo, una condena.
Un grupo de seareiros do equipo de fútbol Real Madrid CF provocou esta cuarta feira unha falsa alarma que obrigou a Salvamento Marítimo a despregar o protocolo de actuación ante un hipotético accidente marítimo.
Durante a retransmisión do partido que o equipo español disputaba contra o FC Barcelona nun bar en Marín, os madridistas celebraron cada gol do seu equipo lanzando unha bengala. Unha delas foi divisada por un automobilista que a asociou cunha demanda de auxilio.
Este veciño alertou ao Servizo de Urxencias da Xunta 112 e sinalou a localización da bengala na Ría de Pontevedra "entre a illa de Tambo e a fábrica de celulosas". Salvamento Marítimo enviou deica a zona o helicóptero Pesca I, con base en Vigo, e mais unha embarcación que permaneceron no lugar arredor de dúas horas.
DESCRICIÓN DO ROTEIRO:
ROTEIRO O FREIXO-SOMEDE
Concello: As Pontes de García Rodríguez
Dificultade: media – baixa
Lonxitude: 18 Km
As Pontes, do val á montaña: O Freixo-Somede
Publicado en Pegadas, por Serxio Paz Roca e Xosé María López Fernández
Propoñémosvos para este primeiro roteiro, ir en coche ata o núcleo do Freixo e comezar alí, ben sexa a pé, ou en bicicleta. Se decidides facer este roteiro a pé, tedes que pensar en levar o xantar, xa que a distancia a percorrer é considerábel, co que o mellor de todo sería facer un descanso no camiño. A pé levaravos, a un ritmo normal unhas 6 horas, e se decidides facer o roteiro en bici, en dúas horas e media, aproximadamente, chegaredes de volta ao punto de partida. O menos atractivo desta proposta é que o roteiro non é circular, co que deberedes voltar polo camiño polo que fostes, mais a beleza do lugar ben merece unha segunda ollada. Ademais, cando voltedes cara o núcleo do Freixo, a visión do xa visto será totalmente distinta, sexa pola nova perspectiva das paisaxes ou pola distinta luz que haberá unhas horas despois do voso primeiro paso2.- Medoñas do alto de San Xoán
Seguindo o camiño chegaredes ao Alto de San Xoán, onde podedes visitar unha das poucas mámoas do concello que se atopa debidamente sinalizada e que aínda conserva parte da coiraza de seixos. Este tipo de construcións responden ás prácticas funerarias dos primeiros habitantes da nosa comarca, fai miles de anos. Nos arredores desta mámoa pódense visitar tamen outros exemplares deste tipo de construcións, tales como a mámoa de Penadaugas ou a mámoa do Furado da Niebla.
3.- O mirador do Alto de San Xoán
Fermosas vistas neste lugar onde aproveitar para descansar e coller folgos contemplando a maxestuosidade do pai Eume, que flúe silandeiro hacia o embalse da Ribeira.
4.- A ermida de San Miguel
Logo dunha pequena camiñata dende o mirador chegaredes á ermida de San Miguel, construída a finais do século XIV. Está integrada no conxunto de Sangoñedo, terreos que na actualidade forman parte da area de natureza do Cabalar. En principio esta visita estará condicionada pola presenza no lugar do persoal responsábel da apertura da cancela de acceso ao recinto.
5.- Círculo lítico do Bidueiral
Está emprazado no punto máis alonxado do roteiro, ao que chegaredes logo de camiñar un bo treito. Trátase dun resto prehistórico sito a uns 50 metros ao sur do desvío que leva ao Bidueiral, e a uns 20 metros á esquerda da pista que leva ao Cabalar. Está nunha pequena planicie a carón dunha mámoa. Ten uns 9 metros de diámetro e consta de grandes seixos e cuarcitas, así coma de laxes de pizarra. Algúns autores din que é o último que se conserva en Galicia destas características.
6.- O muíño dos Feros
Ao muíño chegaremos cando veñamos de volta cara o Freixo. No cruce do Bustelo, colleremos dirección Somede e a unhos 800 metros nunha curva de esquerdas moi pronunciada, na marxe inferior da mesma e cuberto dunha espesa vexetación, atópase este antigo muíño. Os veciños da zona afirman que debe ter máis de douscentos anos de antigüidade e parece ser que pertencía a unha familia de muiñeiros do lugar. O contorno inmediato, desconfigura a beleza da construción, pois son numerosos os refugallos depositados na parte traseira do mesmo, co que o muíño perde parte do seu encanto.