viernes, enero 26, 2007

Lendo Vieiros

AS CENTRAIS TÉRMICAS SUPUXERON EN 2004 O 42 % DAS EMISIÓNS TOTAIS
A produción e o consumo de enerxía son responsables do 82% das emisións de gases causantes do cambio climático en Galicia

[25/01/2007 11:59] Segundo os datos facilitados á asociación ecoloxista Verdegaia polo Ministerio de Medio Ambiente, o 82% das emisións galegas de gases causantes do cambio climático rexistradas en 2004 –último ano para o que hai datos oficiais dispoñibles, que se divulgan aquí por primeira vez- foron debidas á produción, transformación e consumo de enerxía. As centrais térmicas representaron nada menos que o 42% da contribución galega ao cambio climático. O seu elevado volume de emisións explica que as emisións por habitante de Galicia (13,4 toneladas en 2004) sexan moi superiores ás emisións medias da UE (10,9).


A produción e transformación de enerxía (centrais térmicas, refinería de petróleo, combustión na industria, calefaccións,…) representou o 59 % das emisións de gases de efecto invernadoiro. O sector do transporte supuxo o 23% das emisións, a maior parte procedentes do transporte por estrada, cuxa contribución ao cambio climático medrou espectacularmente nos últimos anos. O terceiro sector que máis gases de efecto invernadoiro emite é a agricultura e a gandería, cun 9% das emisións totais.

Emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia (2004)
Sector Emisións de CO2 %
Produción e
transformación de enerxía 22.022 59

Transporte 8.388 23

Agricultura e gandería 3.487 9

Procesos industriais
sen combustión 2.130 6

Tratamento e eliminación
de residuos 596 2

Uso de disolventes
e outros produtos 441 1

Total 37.064 100
Fonte: Secretaría Xeral para a Prevención da Contaminación e o Cambio Climático do Ministerio de Medio Ambiente.

As centrais térmicas de carbón son as maiores inimigas do clima en Galicia
As centrais térmicas de carbón son enormes fábricas de cambio climático cuxas elevadas emisións de dióxido de carbono (CO2), principal gas de efecto invernadoiro, apenas se reducirán coas reformas en marcha. En 2004, as emisións das centrais térmicas foron 2,5 veces superiores ás do transporte por estrada. A elevada produción de electricidade con combustibles fósiles, sobre todo con carbón (que achegou o 54% da xeración eléctrica neta en 2004) é o que máis está a afastar a Galicia do cumprimento do Protocolo de Quioto.

A produción eléctrica sucia das térmicas é a principal causa de que as emisións por habitante de Galicia sexan moi superiores ás medias de España e da UE, que xa son moi elevadas:

Emisións de gases de efecto invernadoiro en 2004 (en toneladas/habitante)
Galicia 13,4
España 10
Portugal 8,1
Alemaña 12,3
Reino Unido 11
UE-25 10,9
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente e Axencia Europea de Medio Ambiente.

O apoio político que reciben as centrais térmicas pon en evidencia o compromiso fronte ao cambio climático dos Gobernos central e galego. Así, a proposta de Plano Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión (PNA) para o período 2008-2012 beneficia á produción eléctrica con carbón, asignándolle a nivel estatal case tres veces máis dereitos gratuítos de emisión de CO2 que a outras tecnoloxías menos emisoras, como os ciclos combinados con gas natural. O Goberno bipartito mantén o apoio á produción eléctrica con carbón da Xunta anterior. As Consellerías de Industria e de Medio Ambiente ignoraron a demanda de Verdegaia para que defendesen perante o Goberno central un PNA 2008-2102 que penalizase fortemente as centrais de carbón.

Verdegaia rexeita a compracencia cara as centrais térmicas galegas do Goberno galego, que apoia a ENDESA e a UNIÓN FENOSA para que reciban xenerosas asignacións de dereitos gratuítos de CO2. Ademais, non prevé reformar o imposto autonómico sobre a contaminación atmosférica para que grave tamén o CO2. Un Plano Galego contra o Cambio Climático como o anunciado pola Xunta, no mellor dos casos, só faría fronte ao 60% das causas do cambio climático en Galicia, ao ceder fronte aos intereses privados dos maiores contaminadores de Galicia.

Verdegaia propuxo á Xunta que un dos dez eixos prioritarios da futura Estratexia Galega de Desenvolvemento Sustentable (DS) sexa "combater o cambio climático". A Estratexia Europea de DS sinala que a loita contra o cambio climático "proporciona oportunidades socioeconónicas importantes, contribuíndo para atenuar outras tendencias de carácter non sustentable", por exemplo, a través da redución do consumo enerxético e do desenvolvemento das enerxías limpas. Neste senso, segundo un recente estudo do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDEA) do Ministerio de Industria, Galicia é, xunto con Canarias, a comunidade autónoma con peores niveis de eficiencia enerxética.

lunes, enero 22, 2007





Lendo en vieiros:


O cargueiro accidentado na costa británica será remolcado á baía próxima para reducir danos ambientais

[22/01/2007 08:00] Arredor de douscentos bloques, algúns con substancias químicas tóxicas, caeron xa da superficie do barco MSC Napoli, que permanece en situación moi inestábel fronte á costa da zona de Devon, ao sudoeste do Reino Unido. Ademais, varias toneladas de combustíbel escaparon xa polo buraco aberto nun depósito. O xefe do servizo británico de salvamento explicou para a BBC que debido aos danos da súa estrutura, decidiron levalo a unha baía próxima para evitar que o afundimento en alta mar cause danos maiores. Segundo a prensa británica, o mesmo barco xa sufrira outro accidente en 2001, en augas do Vietnam, aínda que daquela navegaba cun nome diferente.


Parece que alguns paises son serios e tentan solucionar os problemas, Galicia is diferent e facemos as cousas por arroutos e asi nos vai. En fin que aprendan os do Prestige.




sábado, enero 13, 2007

Futuro incerto da Mina de as Pontes

Xa non é noticia que o 31 de decembro de 2007 cesa a extracción de lignito na mina de As Pontes, consecuencia delo, ENDESA deixanos unha bomba ecolóxica a tódolos ponteses polos servicios prestados e nas nosas mans está que non nos estoupe. O oco da mina encherase con auga facendo un lago de 550 millóns de m3 e unha profundidade de ata 200 m, ó noso xuízo cun alto perigo de que se produza nel un ambiente totalmente incompatible coa vida.

Para ser conscientes da envergadura do proxecto de enchido da mina, é preciso coñecer unha serie de cuestions técnicas. Nos xacementos mineiros de carbón, grandes cantidades de minerais piríticos quedan expostos. Estas piritas e os sulfuros asociados a eles oxídanse espontáneamente ante a presencia de grandes cantidades de auga, osíxeno e bacterias como a Thiobacillus ferrooxidans. Co asolagamento da mina teremos estos ingredientes en cantidades espectaculares e provocaríase a oxidación cun aumento considerable da acidez da auga. As consecuencias deste descenso do pH da auga son:

- As augas fanse fortemente corrosivas.

- O ecosistema fluvial degrádase ata ser incapaz de manter formas de vida acuáticas.

- A solubilidade de metais pesados aumenta, co que as augas poden chegar a ser tóxicas.

- Contaminación de acuiferos e cursos de auga superficiais.

Desgraciadamente non se trata de datos teóricos, senon que xa temos exemplos desta degradación de espacios naturais. Téñense descrito nos Estados Unidos minas con pH de 1,8, concentracións de Zn de 200 ppm e ata concentracións elevadas de Arsénico. Os casos máis graves de contaminación de acuiferos e cursos de auga superficial déronse de modo imprevisto, descritos por Williamsom,1985 no estado de Pennsylvania. Outros casos como Shasta Lake, gran lago artificial de California , Hop Lake situado nos Apalaches quedaron seriamente contaminados con augas de pH ácido e cunha vida acuática casi inexistente.

Todos estos casos de desfeitas ambientais reflexan a perigosidade desta actuación, mal chamada restauración, xa que pode producir un ambiente totalmente incompatible coa vida.


Dende Guerrilleiros das fragas temos que esixir que se tomen medidas correctoras que garantan unha restauración apropiada. Coidamos que non se trataron todas as posibilidades como selar todo ou gran parte do fondo, usar parte do oco como vertedoiro de residuos… opcións desvotadas polo seu alto costo. Tendo en conta que á costa do carbón pontés ENDESA obtén perto de 4 millóns de euros á semana, parécenos esixible que parte deste beneficio sexa invertido para unha real restauración e restitución dos valores naturais destruidos pola explotación

Có fin de dar resposta a todas estas dúbidas e inquedanzas que xenera o proxecto de restauración da mina, organizamos o día 2 unha xornada de conferencias na que participaron Anibal Gil por parte de ENDESA, Felipe Mazías da Universidade de Santiago de Compostela e Francisco da Silva por parte do Concello de As Pontes. Alí os responsables do proxecto garantizaron a boa calidade das augas do futuro lago que albergará un novo ecosistema. Tamén se trataron os posibles usos do lago, reflexándose o negocio que pode significar para ENDESA a explotación turística da zona. Algo que para nos pode disipar certas dúbidas sobre a calidade da auga pero xera moitas outras; como o desenrolo urbanístico da zona. ¿Realmente queremos para o noso concello un modelo de turismo de porto deportivo e campo de golf ? Dende logo o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas cree que non é o máis axeitado, e esiximos que realmente se restauren nos valores ambientais da zona. Cremos tamén moi necesario que como se tratou nas xornadas, os ponteses dispoñan de información actualizada e un foro de opinión onde se teñan en conta, esperamos que os órganos competentes tomaran boa nota.

viernes, enero 05, 2007


Ola, eu coa miña compi de traballo Helena

miércoles, enero 03, 2007




Feliz ano 2007 Chicas

martes, enero 02, 2007



Fotaza