martes, noviembre 18, 2008

Hasta 282 dolares al año, por ir a estudiar en bicicleta

Lendo meneame.net.: Diferentes Universidades del sur de California están aplicando incentivos a sus alumnos para desalentar el uso de automóviles y fomentar la utilización de bicicletas para dirigirse al campus a estudiar. Tal es el caso de la Universidad de Stanford que paga hasta 282 dolares al año.

Enlace á Noticia


Canto temos que aprender dos ianquis en realidade implantacion na galiza xa !!

miércoles, noviembre 12, 2008

Parecidos razonables ......???



Si, a ver quen reconoce estes dous fenómenos de novo
s jiji

jueves, noviembre 06, 2008

Unhas palabras...

Pode que chova pode que non!!!

A crise ambiental do Eume pode repetirse agora na bacía do Miño

3 de novembro de 2008. A volta das chuvias evidencia a ineficacia das medidas da consellaría para recuperar o Eume. O río Chamoselo, afluente do Eume, arrastra importantes cantidades de metais pesados e segue amosando un pH estremadamente ácido, con valores por baixo de 3,6. A crise do Eume podería repetirse agora na bacía do Miño. As mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial, a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, unhas 100 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra, que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, Rede Natura.

eumeout08.jpgA crise ecolóxica no Eume púxose de manifesto en xullo pasado cando comenzou a captación de auga para o recheo da mina de Endesa e se rexistraron as primeiras mortandades de peixes debido á acidificación.
Logo das actuacións de control nos afluentes (Chamoselo e Lavadoiro) e da masiva adición de carbonato no encoro da Capela, ningunha das causas que responsábeis da crítica situación do Eume están hoxe solucionadas:
-Mantense a captación de auga por parte de Endesa para encher a mina, reiniciada despois do verán. Persisten as incertidumes sobre o comportamento ambiental e xeotécnico desta enorme balsa ácida que está a medrar na cabeceira dun Parque Natural, cuxos efectos, en caso de accidente, poderían ser catastróficose para o Eume e a ría de Ares.
-Os labores de selado dos taludes e de contención das escorrentías procedentes das obras da autovía Ferrol-Vilalba, que aportan unha alta acidez e preocupoantes cantidades de metais pesados foron ineficaces.
-As toneladas de bicarbonato cálcico vertidas pola Consellería de Medio Ambiente no río nun inútil intento de por elevar o pH foron só un parcheo e non solucionaron o problema. Estas actuacións, mesmo poden ser causa de máis problemas ambientais e técnicos (inestabilidade do formigón do encoro) que aportar solucións duradeiras.
trimaz.jpg-E por se isto fora pouco as mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial. a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, case 1000 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra (bacía do Miño) que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, pertecente á Rede Natura.
Cantas veces vai a Consellería de Medio a cometer os mesmos erros e canto nos vai custar agora?

O "encalado" do Eume podería afectar ao formigón do encoro da Capela

29 de outubro de 2008. Logo de que ADEGA denunciara altos níveis de metais pesados nos afluentes do Eume, agora chamamos a atención sobre un novo risco do "encalado" do río, que coma os metais pesados, ninguén pareceu avaliar: as toneladas de carbonato botadas por Medio Ambiente para corrixir a acidez poderían formar xesos que ao reaccionar co formigón causan fisuración e aumento da porosidade. Coma a aluminose nos edificios, un formigón degradado pode ser fonte de inestabilidades estruturais, preocupantes ao tratarse dun encoro sometido á presión da auga. E se aconteceu isto coa "rexeneración" do Eume, que incertidumes vai traer o macrolago de As Pontes, cunha balsa tóxica cun volume de augas ácidas e metais pesados infinitamente superior e que haberá que "encalar" de por vida con cartos públicos?

Os continuos cambios de pH do Eume, primeiro ácido polos aportes dos ríos Lavadoiro e Chamoselo e ás lamas do encoro da Capela, e despois básico polas achegas de milleiros de toneladas de carbonato, poden ter serias consecuencias nas estruturas de formigón, quer o muro do encoro da Capela. Primeiro, a acidez puido atacar e debilitar a pasta do cemento, e logo a adición masiva de carbonato puido formar xesos que producen unha desintegración adicional. Os xesos reaccionan coa aluminatos de calcio hidratados do formigón formando estrinxita, un mineral que ten maior volume, induce fisuras e aumenta a porosidade.
Tendo en conta que as operacións de encalado terán que repetirse periódicamente cada vez que aumente a acidez (polos arrastres das obras ou o remexido dos sedimentos do fondo do encoro), podemos estar diante dun serio problema para a integridade estrutural do encoro da Capela, cos conseguintes riscos ambientais e de seguridade cidadá. Se a isto engadimos os altos níveis de metais pesados na auga, que ninguén se molestou en controlar, atopámonos con moitas variábeis e incertidumes nun proceso, o tratamento do Eume, que comeza a convertirse nun perigoso experimento.
A este respecto, acontece que a administración foi sempre a remolque dos feitos, limitándose a cumprir puntualmente as "receitas" propostas por Endesa. Alén dos vertidos puntuais das obras da autovía, para os ecoloxistas a orixe dos problemas crónicos do Eume ten un nome: Endesa. Agora, a empresa que durante anos foi parte do problema e responsábel do deterioro ambiental da comarca, pretende "liquidar" a súa responsabilidade co proxecto de macrolago artificial. Quen avaliou as consecuencias sobre o Eume, o ecosistema das fragas, a saúde e a seguridade cidadá dun proxecto, un macrolago ácido con metais pesados e inestábel sísmicamente, que pode multiplicar por moito o acontecido no río?
ADEGA e outros grupos ecoloxistas veñen de trasladarlle á Fiscalía de Medio Ambiente os nosos informes para que tome cartas no asunto e investigue a situación do Eume, alén de pedirlle que paralise cautelarmente o enchido do lago de As Pontes, que se reanudou hai uns días.
Sobre o asunto do Eume e o macrolago da mina de Endesa, os ecoloxistas non queremos causar alarmas inxustificadas. Pero visto o que está a acontecer coa "rexeneración" do Eume, as bruscas variacións de pH, os metais pesados e agora os problemas do formigón, non podemos imaxinar os riscos -e os custos- que a cidadanía galega terá que asumir para que Endesa "liquide" definitivamente o "problema" da mina.

Esa derecha do Xacove...Dios!!!