lunes, febrero 26, 2007

SGHN oponse ao proecto da mina das Pontes


[16/02/2007 14:49] Dende SGHN reiteramos a nosa oposición ao proxecto de enchido do oco da mina das Pontes, por considerar que non se adapta á lexisación vixente relativa á recuperación de minas, sempre cando con este proxecto non se asegura a viabilidade dun ecosistema capaz de manter unha biocenose de forma sostible.

O proxecto non aporta solucións seguras para evitar os problemas derivados da inestabilidade dos noiros, condición imprescindible para impedir a erosión por escorrentias e arrolladas, o que xeraría o aporte á masa de auga de maiores concentraciós de materiais sulfurosos, provocando acidez do medio, e creando unha situación adversa para o desenvolvemento da vida , en dita masa de auga.
As caracteristicas litolóxicas do vaso da mina, con afloramentos de pizarras negras e sedimentos con intercalacións de lignitos ricos en sulfuros, fan moi dificil a recuperación por medio do enchido con auga. A isto temos que engadir a escasa capacidade neutralizante das augas do rio Eume e tributarios. Non é posible tomar como modelo outras experiencias de recuperación de minas de carbón a céo aberto, toda vez que non hai dúas situacións que se asemellen, coincidindo plenamente en todos os parámetros: Litoloxía do contorno, características das augas de aportación, climatoloxía, etc. . Ademáis o descoñecemento sobre a oxidación de sulfuros expostos a intemperie, fai imprevisible o seu comportamento. Os factores que interveñen na oxidación son tantos, que non hai dos sulfuros que oxiden da mesma maneira.
A todos estes argumentos hai que engadir a afección sobre a cunca do Eume, (dende a Central Térmica ata a desembocadura), no momento da detración do caudal en primeiro lugar, e permanentemente ,e de forma irreversible, se non se acadan os obxetivos desexados.
Ata o momento, presentáronse alegacións, e un recurso de alzada, tendo como resposta a este último o silencio administrativo. Polo qué xunto con ADEGA e a FEG, foi solicitada unha entrevista co Sr. Conselleiro de Medio Ambiente con data 2005, e ata dagora sen resposta por dita conselleria.
A SGHN esgotara a vía administrativa para conquerir o respecto á legalidade vixente.

Sociedade Galega de Historia Natural

O problema é que endesa ten un estudo feito por Macías que avala toda a restauración e eu inda non atopei alguen que o rebata con argumentos e estudos contrastados, se alguen me pode axudar que escriba algo. Todos os ponteses temos dubidas sobre o proxecto pero e difícil atopar a verdade do tema.

miércoles, febrero 21, 2007

Greenpeace pide al Gobierno que descarte que hay una combustión de la carga en el barco holandés Ostedijk
La combustión latente en el caso de los fertilizantes es común y las consecuencias podrían ser muy graves
19 febrero 2007

España — Greenpeace pide al Gobierno que confirme urgentemente que la reacción que está sufriendo la carga del barco holandés Ostedijk, es de fermentación y que no se trata de una combustión latente. El pasado sábado el Ostedijk alertó que tenía emanaciones tóxicas de su carga, 6.000 toneladas de fertilizantes NPK. Es importante que se aclare por qué se ha descartado esta opción tan rápidamente y en base a qué datos. Este tipo de combustiones son comunes en lugares donde se almacena fertilizante, como ya ocurrió en la Planta de Fertiberia en Cartagena en enero de 2002. En esta ocasión se tardó más de cuatro días en acabar con la combustión.
Se debe descartar con máxima urgencia esta posibilidad puesto que la envergadura del problema y las consecuencias podrían ser mucho mayores. Además las medidas para acabar con la fermentación de la carga podrían ser contraproducentes en el caso de que se tratase de una combustión.

En estos momentos la carga se podría estar quemando muy lentamente. Las combustiones sin llama o latentes, alcanzan altas temperaturas (hasta 600-700 º C) y son muy difíciles de apagar. De ser así, las labores de extinción podrían durar muchas semanas y el barco podría estar en riesgo, ya que no están preparados para soportar las altas temperaturas, lo que puede provocar que el barco se parta y termine hundiéndose. Por otro lado, las emisiones de gases que se producen durante la combustión podrían ser diferentes y más peligrosas que las que se producen durante la fermentación.

“Pedimos que urgentemente se descarte cualquier posibilidad de que no existe combustión”, ha declarado Sara del Río, responsable de Tóxicos de Greenpeace, “el escenario en este caso puede cambiar drásticamente, habría que bombear agua sobre la carga y si en dos días no se extingue, establecer un protocolo para extraer la carga de forma segura, sin dañar el medio ambiente y la salud pública”.


O arrefriamento e transvasamento da carga do 'Ostedijk' durará catro días e será en alta mar
[21/02/2007 09:00] O gabinete de crise que xestiona a situación do buque holandés decidiu que até a próxima fin de semana seguirán activas as manobras para o arrefriamento da carga do 'Ostedijk'. Para aquela altura, os técnicos consideran que será posíbel afrontar o transvasamento da carga coa axuda dun guindastre. A operación vaise realizar en alta mar, aínda que nunha zona relativamente abrigada á beira do cabo de Estaca de Bares, na marxe esquerda da ría de Viveiro


CACHI ASI VAN ABOAR AS ALGAS DO LUGAR, ERA MELLOR METER O BARCO NUN PORTO, E QUE NON APRENDEMOS EEE...

lunes, febrero 19, 2007

Tres dos veciños afectados polo carbón de Meirama poden acabar na cadea
[19/02/2007 12:27] Tres veciños do lugar cercedense da Lousa poden ter que enfrontarse a unha pena que oscila entre os dous e os seis anos de prisión. Os denunciados, que protestan polo almacenamento irregular de carbón, retiveron a tres traballadores da mina, que non quixeron emprender accións legais. Porén, a Garda Civil levou un informe ao xulgado no que se lles imputan delitos de detención ilegal, resistencia á autoridade e desobediencia. Tamén están denunciados por desordes públicos outros sete veciños, entre os que se atopa a concelleira do BNG, Rocío de la Iglesia Prego.
Anterior:A Garda Civil denunciará os veciños que retiveron a técnicos da central de Meirama


Incleible que pasen estas cousas hoxe en día.

viernes, febrero 16, 2007

A FEG PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE ACLARE CAL VAI SER O FUTURO DO RÍO EUME
A Consellería precisou en contestación por escrito diante do COGAMA que o proxecto do lago da mina das Pontes conta xa coa respectiva Declaración de Impacto Ambiental e autorización de vertido e captación sobre o Eume
[14/02/2007 17:51] A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que "o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa" .
Dende a FEG queremos contrastar que si existiron os contactos coa propia Consellería sobre este asunto xa que foi motivo, recentemente, de petición por escrito e por rexistro, con data de 29 novembro 2007, no que se formularon seis preguntas concretas sobre o proxecto e a propia captación sobre o río Eume. Preguntas ademais que foron contestadas, por escrito, pola propia Consellería, con data 19 xaneiro 2007, diante precisamente do Consello Galego de Medio Ambiente.O contido do escrito dirixido pola Consellería de Medio Ambiente ao respecto foi precisamente o motivo que levou á FEG a estudar a posibilidade da vía Europea para frear este disparatado e custoso proxecto, debido a que na contestación, de redacción moi imprecisa, dedúcese un avanzado estado das autorizacións e resolucións administrativas: con favorable Declaración de Impacto Ambiental ( do 8/07/2005), e outorgadas as concesións de captación de auga durante 15 anos a favor de Endesa Generación S.A. por resolución do 11/08/2005, e de autorización de vertido por resolución 10/08/2005. Expedientes todos resoltos durante o goberno en funcións. Igualmente a FEG non lle consta que a Consellería tivera intención de parar o proxecto, e á vista das últimas noticias publicadas en días recentes a execución do proxecto parece inminente. E por iso que a Federación consciente da complexidade e trabas legais que existen para revisar autorizacións administrativas recorrerá á opción de Europa para tentar salvar o río Eume e a súa marisma na desembocadura.A Federación lle consta, que outras asociación, de ámbito galego e estatal teñen a intención de dirixirse á unión Europea, co mesmo motivo que a FEG.Anexo: Preguntas á Consellería de Medio Ambiente formulada por rexistro, con data de 29 novembro, para ser atendidas no Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 1 decembro¿Existe algunha Previsión de dano ambiental sobre o río Eume en relación a prevista captación de auga para o recheo do burato da mina das Pontes? ¿Canto caudal se vai a captar e transvasar do Fume á lagoa artificial? ¿Como se vai a recircular a auga dende o lago novamente o río Fume?¿Existe risco de contaminación coas augas procedentes do lago? ¿Cal val a ser o esforzo inversor da Consellería na execución da acción, e cales son as previsións futuras de inversión para manter a lagoa en condicións óptimas de salubridade?Resposta da Consellería de Medio Ambiente, por escrito, e diante do Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 19 de xaneiroResposta:Un recheo dun oco mineiro de gran tamaño pode supoñer uns riscos importantes de danos ambientais, tanto para as condicións físico- químicas, como estruturais e as propiamente ambientais do río. Por este motivo tramitouse un procedemento de avaliación ambiental, no que a autoridade ambiental emitiu a correspondente (8/07/2005).(aquí pódese incluír unha copia do texto íntegro da Declaración de Impacto Ambiental)A citada declaración de impacto ambiental debe servir de marco ás posteriores autorizacións substantivas, entre elas a concesión de desvío de auga dende o río Eume e a autorización de vertido para as augas evacuadas dende o oco, ambas outorgadas pola Administración Hidráulica.As condiciones obxectivas e que vinculan atópanse na resolución da concesión a favor de Endesa Generación S.A. de 11/08/2005 e de autorización de vertido do 10/08/2005, que en resumo son:—Toma do río Eume: toma no azud da central térmica das Pontes (toma directa do río Eume), no concello das Pontes e coordenadas X=592.214 Y=4.810.673, cun volume máximo anual de 120 Hm3, caudal máximo instantáneo de 20m3/s e caudal equivalente medio de 3,8 m3/s. Para o seu transporte ata o oco constrúese un canal de 5964 m. O prazo máximo para a derivación de augas é de 15 años.—A calidade das augas, unha vez enchido o oco e este alimente o río Eume por rebose, atópase controlada polas condicións establecidas pola autorización de vertido (pódese xuntar copia da resolución de 10/08/2005).— Establécese un control sistemático de vertido, cuios parámetros e valores límites se inclúen na táboa de Nivel de control 1 e a de control específico de metais na de control 2.— Establécese un plan de vixilancia ambiental con libro de rexistro a disposición da Administración con control semanal para o nivel de control 1 e mensual para o nivel de control 2.—O control do PH e do caudal máximo de vertido realizarase de forma gráfica continua.—A empresa concesionaria manterá as instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) para efectuar, se fora necesaria unha depuración correctora das augas de rebose do lago antes do seu vertido ó río Carracedo.—As augas de enchido del oco da mina poderán adicionarse na canle de entrada con neutralizantes (cal) mediante os correspondentes dispositivos.—Ademais o concesionario corrixirá a acidez das augas que drenan cara o lago mediante seis humidais a distintas cotas con filtro de grava caliza, capa de materia orgánica y celda de superficie con plantación de vexetación de TyphalatifoliaEn principio entendemos que non debe existir esforzo inversor por parte da Consellería e que toda a carga económica ata a restauración final e permanente do lago debe ser a cargo do concesionario de acordo cos principios medioambientais que rexen na UE. O esforzo inversor por parte da Consellería debe limitarse ós traballos de control e seguimento do proceso.
Lendo en Vieiros , alguen sabe onde conseguir o documental " a ceo aberto"


GACIÓN 'CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA EN GALICIA'
"A central térmica de Meirama contamina como dez centrais estadounidenses"


[16/02/2007 08:00] Este 15 de febreiro fanse trinta anos da revolta das Encrobas, e a día de hoxe aínda seguen a padecerse as consecuencias da creación de mina de lignito (recentemente puidemos coñecer o conflito na Lousa pola proximidade do carbón ás vivendas) e das emisións da central térmica de Meirama. Os efectos fanse notar no medio ambiente e na saúde das persoas que viven mesmo a varios quilómetros do foco emisor. Ramón Varela Díaz fala no documental A ceo aberto sobre as emisións de dióxido de carbono da central térmica. En Contaminación atmosférica en Galicia (A Coruña, Baía Edicións, 2004) recolle os índices e os efectos da emisión de gases contaminantes nos diferentes sectores industriais galegos.

As consecuencias da combustión do lignito son ben graves: unha mina de extracción non só perturba o hábitat, senón que require un enorme consumo de auga, e mesmo a construción de encoros para o seu mantemento (Vilagudín e S. Cosmade no caso de Meirama). Carrexa tamén a necesidade de tendidos eléctricos e transformadores, vertidos, residuos... E, o máis salientábel, as emisións da central eléctrica son altamente contaminantes: a choiva aceda provoca decoloración e necrose nos vexetais, coas perdas de produción e de cultivos que isto leva consigo, corroe materiais, afecta aos microorganismos do chan e provoca enfermidades cardiovasculares.

Como explica Ramón Varela, "os últimos datos do IGEI (Inventario de Gases de Efecto Invernadoiro 1990-2004) informan dunha emisión de CO2 (dióxido de carbono) de 4,8 millóns de toneladas dende a central de Meirama; de SO2 (dióxido de xofre), de 63.300 toneladas; de Nox (óxido de nitróxeno), 10.600 toneladas; e de partículas, 2.100 toneladas. Son datos oficiais que as empresas mandan ao goberno autonómico, e este valida antes de enviar ao goberno central", afirma. Os efectos son os seguintes: "no caso do CO2, é dos principais gases contaminantes causantes do efecto invernadoiro, e do quecemento global; o dióxido de xofre, pola súa banda, causa choiva aceda, con todas as súas consecuencias: nos cultivos, na carga de metais pesados na auga, e, dende logo, nas enfermidades. Ese gas convértese en ácido sulfúrico na atmosfera, e as persoas máis afectadas son as máis sensíbeis (como os nenos)".

Os efectos na saúde e nos cultivos
Da tose e irritación de gorxa e ollos, o dióxido de xofre pode pasar a intervir en todo o aparato respiratorio, afectando mesmo aos seus mecanismos de limpeza. Pode desencadear a aparición de bronquite, flegmas, sibilancias, dispnea ou broncocontrición en asmáticos. "Non deixa de ser curioso que nunha das comunidades con niveles de contaminación máis altos do Estado (Galiza emite un terzo do dióxido de xofre que bota todo o Estado á atmosfera) haxa tamén os niveis máis altos de enfermidades broncopulmonares: moitas persoas padecen de asma ou bronquite crónica. Non figuran as causas destas enfermidades, pero a propia OMS recoñece a repercusión da emisión de este tipo de gases no sistema respiratorio humano".

Os niveis de contaminación con respecto ao territorio e á poboación galega dan resultados como os seguintes: a emisión de dióxido de carbono en toneladas por habitante no 2000 (12,16) é a máis alta de Europa. E encanto á produción de dióxido de xofre, emítense 168,19 quilos por habitante, fronte aos 36,84 do Estado español e mesmo os 63 dos EUA. "Nas centrais térmicas dos EUA está prohibido empregar o combustíbel fósil que empregamos aquí, que ten dun 4 a un 6% de xofre. Meirama contamina como dez centrais térmicas dos EUA".

O dióxido de xofre, ademais, vive de 2 a 6 días no ambiente, pode desprazarse varios centos de quilómetros se o vento é favorábel, e provoca choiva aceda, coa consecuente acidificación do chan, defoliación e perdas de cultivos. "Como exemplo, no Val da Amahía, no que se cultivaban gran cantidade de cerdeiras, deixouse de dar a cereixa. É un dos froitos máis sensíbeis ao xofre, e xunto con ela desapareceron unha chea de especies. Sería de xustiza que o imposto que Meirama lle paga a Xunta por contaminación, uns 700 millóns anuais das antigas pesetas, (4,2 millóns de euros) revertesen na indemnización á xente que está afectada por esa contaminación no mundo agrario, xa non digo en canto a efectos sobre a saúde".

martes, febrero 13, 2007

Por fin os grupos ecoloxistas galegos se mollan no tema da restauración da mina, ata agora parecía que estabamos solos os guerrilleiros. Está moi ben a tralla que lle meten o Felipe Mazias, ledeo todo haber que vos parece...



CUALIFICA O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA MINA DAS PONTES COMA A "CIDADE DA CULTURA" LEVADA AO PLANO DA RESTAURACIÓN AMBIENTAL
.
A FEG denunciará diante das instancias Europeas que o transvase do Eume deixará durante varios anos un Parque Natural mantido só co caudal ecolóxico e con efectos sobre a ría de Pontedeume.

[13/02/2007 11:38] A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, a converter segundo a publicidade de Endesa nun idílico lago interior, se esconde unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido e, en boa medida, subtraídos de futuros fondos destinados á protección medio ambiental.
Lamenta que ademais se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro, neste caso, sobre o río Eume, e para o que se pretende captar e transvasar augas dun río que alimentan un Parque Natural, e unha bacía que augas abaixo está incluída na Rede Natura. O río Eume, xa de por si na actualidade, afronta unha perda notable na calidade dos seus ecosistemas acuáticos e das súas augas, debido aos problemas ambientais orixinados polos saltos e encoramentos hidroeléctricos existentes augas arriba da fraga, como para someter agora o río a catro anos de estiaxe prolongado e vivindo a expensas do caudal ecolóxico. Esta modificacións no caudal tamén poden reverter negativamente sobre a ría de Pontedeume, con efectos sobre os ecosistemas das marisma e colmatación da mesma de xeito irreversible por deposición de lodos ao diminuír o caudal, consecuencias que poden derivar na afectación definitiva da súa produtividade.

Considérase inasumible a magnitude do proxecto, no que tódalas súas fases de execución teñen un grado elevadísimo de incertidume para garantir o control que evite a contaminación de millóns de litros de auga limpa, e que se almacenarán durante décadas, con estratos de profundidades ata os 200 metros, e no que o seu custe ambiental e económico, moi elevado, pasará a ser asumido directamente pola sociedade galega no ano 2012, unha vez que Endesa ceda á Xunta e ao Concello de As Pontes para que o manteñan nesas supostas condicións idílicas, incluso aptas para o baño.
A FEG considera que as tarefas de mantemento rutinarias do lago xerarán un custe permanente de fondos, destinados a abordar de xeito continuado a depuración, captación e recirculación de auga ao río, seguir transvasando auga do Eume, manter a estabilidade dos taludes, corrixir a acidez e a anoxia, e evitar todo tipo de posible contaminación de augas, así coma facer fronte a outros posibles cambios asociados a modificacións microclimáticas co incremento de néboas.

Dende a FEG poñemos en dúbida o suposto éxito de viabilidade e garantías do proxecto que manifesta o edafólogo e catedrático da Universidade de Santiago Felipe Macías, principal responsable técnico deste plan, xa que a realidade dos últimos anos ven a demostrar o seu estrepitoso fracaso na solución de conflitivos problemas ambientais en espazos naturais moi fráxiles, e así pode sinalarse coma o principal responsable científico da destrución das turbeiras de cobertor da Serra do Xistral (das que tanto defendeu nos seus primeiros anos de docente na Universidade), no que coma consultor/empresario abriulle o camiño aos seus clientes da promoción eólica, e no que fallaron sistematicamente as medidas de conservación por el ideadas e deixando na actualidade a Serra do Xistral nun estado de conservación paupérrima; ou máis recentemente no caso do Cabo Touriñán, no que redactou un pouco crible e adaptado estudo de impacto ambiental favorable para construír unha macropiscifactoría que, finalmente, foi rexeitado polo goberno galego por motivos precisamente de protección ambiental que o goberno si soubo ver.

A FEG empraza á Xunta de Galicia a que non se embarque nunha aventura que pode pesar coma unha lousa económica e un gravísimo problema a solucionar no futuro, pedindo que estude outras alternativas reais e factibles, incluso a de non intervención de xeito xeral con control do depósito de augas de precipitación, e no que ata pode ser posible adecuar coma grande espazo ao aire libre para a interpretación da evolución xeomorfolóxica e mineral.

lunes, febrero 05, 2007

Científicos recibirán cartos por criticar o informe da ONU sobre o cambio climático
[05/02/2007 11:21] O Américan Enterprise Institute, AEI, unha comisión investigadora fundada pola compañía petroleira ExxonMobil e relacionada coa campaña electoral de George W. Bush, ofrécelle a científicos e economistas 10.000 dólares por criticar o informe sobre o cambio climático difundido esta fin de semana pola ONU. Segundo o xornal inglés The Guardian, o instituto enviou unha serie de cartas a expertos de todo o mundo nas que ofrece, aparte do cartos, gastos das viaxes e pagos adicionais a quen escriba artigos nos que sinalen os defectos do informe elaborado polo Panel internacional para o cambio climático. Nas misivas enviadas aos científicos e economistas, asegúrase que a comisión da ONU "chega a conclusións sumarias e insuficientes apoiadas polo traballo analítico"


Flipante, en que mundo vivimos

jueves, febrero 01, 2007

A enerxía alternativa podería estar no fondo do mar
[01/02/2007 11:05] Científicos alemáns e doutros países están a traballar intensamente cunha nova fonte de enerxía alternativa no fondo do océano. O metano no mar fórmase a partir da descomposición do plancto. Cando este morre descende ás profundidades, onde o frío e a presión fan que se agrupe en moléculas acuosas coñecidas como hidrato de metano. Científicos xaponeses calculan que o hidrometano acumulado nas augas do seu arquipélago podería ser suficiente para o abastecemento de enerxía do país durante cen anos. Porén, o sistema de manipulación conta cunha serie de dificultades para o seu pleno desenvolvemento. Poden aumentar a información no Deutsche Welle.


Interesante noticia pero mentres Repsol e compañia non queiran e mentres as autoridades competentes non se poñan a traballar imos de CU