SGHN oponse ao proecto da mina das Pontes
[16/02/2007 14:49] Dende SGHN reiteramos a nosa oposición ao proxecto de enchido do oco da mina das Pontes, por considerar que non se adapta á lexisación vixente relativa á recuperación de minas, sempre cando con este proxecto non se asegura a viabilidade dun ecosistema capaz de manter unha biocenose de forma sostible.
O proxecto non aporta solucións seguras para evitar os problemas derivados da inestabilidade dos noiros, condición imprescindible para impedir a erosión por escorrentias e arrolladas, o que xeraría o aporte á masa de auga de maiores concentraciós de materiais sulfurosos, provocando acidez do medio, e creando unha situación adversa para o desenvolvemento da vida , en dita masa de auga.
As caracteristicas litolóxicas do vaso da mina, con afloramentos de pizarras negras e sedimentos con intercalacións de lignitos ricos en sulfuros, fan moi dificil a recuperación por medio do enchido con auga. A isto temos que engadir a escasa capacidade neutralizante das augas do rio Eume e tributarios. Non é posible tomar como modelo outras experiencias de recuperación de minas de carbón a céo aberto, toda vez que non hai dúas situacións que se asemellen, coincidindo plenamente en todos os parámetros: Litoloxía do contorno, características das augas de aportación, climatoloxía, etc. . Ademáis o descoñecemento sobre a oxidación de sulfuros expostos a intemperie, fai imprevisible o seu comportamento. Os factores que interveñen na oxidación son tantos, que non hai dos sulfuros que oxiden da mesma maneira.
A todos estes argumentos hai que engadir a afección sobre a cunca do Eume, (dende a Central Térmica ata a desembocadura), no momento da detración do caudal en primeiro lugar, e permanentemente ,e de forma irreversible, se non se acadan os obxetivos desexados.
Ata o momento, presentáronse alegacións, e un recurso de alzada, tendo como resposta a este último o silencio administrativo. Polo qué xunto con ADEGA e a FEG, foi solicitada unha entrevista co Sr. Conselleiro de Medio Ambiente con data 2005, e ata dagora sen resposta por dita conselleria.
A SGHN esgotara a vía administrativa para conquerir o respecto á legalidade vixente.
Sociedade Galega de Historia Natural
O problema é que endesa ten un estudo feito por Macías que avala toda a restauración e eu inda non atopei alguen que o rebata con argumentos e estudos contrastados, se alguen me pode axudar que escriba algo. Todos os ponteses temos dubidas sobre o proxecto pero e difícil atopar a verdade do tema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario