sábado, abril 21, 2012

SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte

17 de abril de 2012. Diante da inmediata prohibición por parte da UE de pesticidas con flufenoxuron (1 de agosto de 2012) e das fumigacións aéreas (deber de incorporala na lexislación estatal en decembro de 2011, e de adoptar planos de acción denantes de decembro deste ano) a industria química (BASF) e a patronal pasteira (ASPAPEL) están tentando colocar aceleradamente os "stocks" deste veleno (presentación comercial "Cascade"). Unha estratexia que en Galiza pasa pola fumigación masiva con "Cascade" dos eucaliptais galegos contra o gorgullo do eucalipto. Como xa denunciamos ecoloxistas, abelleiros e sindicatos agrarios, este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. O que resulta lamentábel é que a Xunta esté actuando como axente comercial do lobby químico e pasteiro, "avalando" as fumigacións masivas nos nosos montes co lixo tóxico que dentro de poucos meses BASF só poderá colocar no terceiro mundo. Asina esta petición para salvar as abellas galegas!

A fumigación con medios aéreos, en breve prohibida pola UE provocan que unha media do 40% dos produtos dispersados non acaden a área obxectivo e que os seus velenos fiquen espallados en quilómetros arredor do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode chegar a espazos naturais (afectando a especies protexidas), cultivos (derramando a produción ecolóxica) e zonas habitadas, incorporándose nos nosos organismos.

Dase a circunstancia ademais de que a aplicación masiva deste veleno, xenerosamente promovido pola patronal pasteira "sen custo algún para os propietarios dos montes" e avalado pola Xunta, vai coincidir co periodo de máxima floración e actividade das abellas, co que o dano ecolóxico e a perda de colmeas e colleitas será máximo. Curiosamente co pacote do biocida, a Xunta ofrece tamén a posibilidade de aplicar un tratamento biolóxico cunha avispa australiana (Anaphes nitens). Trátase dunha burda estratexia de camuflaxe para disimular o entreguismo de Medio Rural ao lobby do eucalipto: o "Cascade", matará tamén á Anaphes e a todo artrópodo nun radio de quilómetros.

ADEGA esixe á Xunta de Galiza que mire polas abellas galegas e pola saúde ambiental e cidadá e prohiba estas malas prácticas forestais, en troques de seguir facéndole o xogo ás empresas que se lucran inzando o país de eucaliptos e envelenando o ambiente con agrotóxicos prohibidos. As alternativas para combater as pragas forestais pasan por promover o uso dos métodos biolóxicos e sobre todo por unha política forestal que abandone o eucalipto e fomente a multifuncionaliedade do monte. Animamos a propietarios forestais, comuneiros e concellos a negarse a autorizar as fumigacións nos seus montes e denunciar estas prácticas.

Máis información:

AGA
FRUGA
SLG
Vesperadenada

miércoles, abril 04, 2012

O PRUX das Fragas do Eume: 15 anos nun caixón. A Xunta, culpábel

4 de abril de 2012. En Galiza, o territorio cunha das meirandes biodiversidades de Europa, a Xunta non soubo estar á altura das súas necesidades de conservación: ridícula superficie protexida, ausenza de planos de xestión de espazos e especies, demolición controlada da protección ambiental... As Fragas do Eume, Parque Natural dende 1997, levan 15 anos sen PRUX (Plano Reitor de Uso e Xestión). No PRUX "establécense as previsións de actuacións da Administración no seu ámbito de aplicación" (art. 33.1 da Lei 9/2001). Este documento, en redacción xa antes de 2009, foi rematado en febreiro de 2011. Por lei, debería estar aprobado dous anos despois da declaración do Parque. Por que a Xunta o mantivo no caixón boicotando deste xeito a conservación efectiva das Fragas? Táboa_reivindicativa_PLATAFORMA_FRAGAS_DO_EUME
Fronte ao discurso interesado de que o progreso (en particular o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación da biodiversidade pode e debe ser motor de desenvolvemento sustentábel, comezando polo dos habitantes dos lugares protexidos.

A conservación da diversidade natural fica sempre ao cabo das prioridades reais e dos compromisos orzamentarios das administracións. Galiza segue tendo a menor superficie en Rede Natura 2000 de todas as autonomías (o 12%) moi por baixo da media estatal (28%), e a ampliación presentada pola Xunta en 2011 (15%) non é nin de lonxe suficiente.
Por outra banda, os instrumentos de xestión dos espazos protexidos, chave para garantir a conservación e o uso sustentábel seguen ausentes: o retraso na redacción e aprobación dos PORN (Planos de Ordenamento dos Recursos Naturais) e PRUX (Planos Reitores de Uso e Xestión) é escandaloso, por no falar dos Planos de Conservación e Recuperación das especies ameazadas, práticamente inexistentes.

Estes documentos, que debería redactar a Xunta nun prazo de dous anos após da declaración de espazo protexido, son vencellantes para todas as administracións con competencias (hidráulicas, de costas, enerxéticas, etc.). A día de hoxe, practicamente ningún espazo da Rede Natura conta con PRUX e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas (2002), ou os parques naturais das Fragas do Eume (1997) e Corrubedo (1992) están logo de moitos anos aínda en redacción.
Deste xeito, proxectos acuícolas, eólicos, mineiros, hidráulicos, desenvolvementos urbanísticos, etc. ao non estar expresamente excluidos nos preceitivos PRUX (porque non existen) poden implantarse en espazos protexidos cunha simples declaración de impacto favorábel, moitas delas de dubidoso rigor e con escandalosas omisións. Tal aconteceu cos aproveitamentos hidroeléctricos do Sil (Santo Estevo II), coa liña de alta tensión Trives-Aparecida, coas canteiras e parques eólicos do Xistral ou coas piscifatorías de Cabo Vilán, Rinlo, e Touriñán.

E nos espazos que deberían integrarse na Rede Natura, segundo a proposta que a Xunta elaborou en 2008 (bipartito, 18% do territorio), proxectos como canteiras e minas van reducindo día a día as posibilidades de contarmos cunha Rede Natura coerente, á altura da nosa riqueza natural.
A Xunta amosou pois unha escandalosa complicidade coa política dos feitos consumados e un intolerábel agravio comparativo para a cidadanía en xeral e os habitantes dos espazos protexidos que vén como limítanse os seus usos e impídese o seu desenvolvemento mentres piscifatorías, canteiras, encoros e eólicos teñen patente de corso para arramplar coa nosa biodiversidade.

ADEGA insta á Fiscalía a investigar a renuencia da Xunta no cumprimento da lei 9/2001, que non dubidamos en cualificar de criminal: hai uns responsábeis directos da catástrofe das Fragas (aínda por atopar) e outros cooperadores necesarios con cadeira en San Caetano que polo seu desleixo e neglixencia son cómplices tamén deste e doutros atentados contra o noso patrimonio natural.

jueves, enero 05, 2012

O humidal de Valdoviño: crónica dunha deconstrución planificada pola Xunta e o Ministerio

29 de decembro de 2011 AGEGA. A situación na que se atopa o humidal protexido de Valdoviño e os perxuízos que as enchentes están a causar á veciñanza, non son casuais. Nos últimos anos, alén das "intervencións" pouco afortunadas sobre o espazo, Xunta e MARM (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño) perpetraron sen fundamentación técnica nen legal, a castración da superficie protexida inicialmente por Ramsar (740,70 Ha) até deixala nas actuais 485,23 Ha, isto é, reducírona máis dun 34%. Detrás desta verdadeira "deconstrución planificada" acontecida en pleno apoxeo da burbulla inmobiliaria, estaban intereses urbanísticos e político-especulativos (nun humidal protexido non se pode construir). ADEGA vai denunciar diante do organismo internacional RAMSAR os manexos da Xunta e do Ministerio e esixir a restitución da superficie orixinal do espazo. Daqueles espúreos manexos, veñen agora estas enchentes. Informe ADEGA Valdoviño para Ramsar (gal) 1 Mb
A declaración da lagoa e areal de Valdoviño como Humidal de Importancia Internacional (Convenio de Ramsar) en 1993, atinxía á totalidade do humidal, incluindo unha área de protección periférica vencellada á chaira de inundación. En total, abranguía 740,70 ha.

Posteriormente no ano 2006, o Ministerio de Medio Ambiente a petición da Xunta, propón unha "adecuación técnica" dos límites do humidal, motivada pola suposta "necesidade de actualizar a cartografía". Esta modificación encubriu unha redución da superficie inicialmente protexida moi importante, cuantificada en 255,47 ha. (un 34,4% da área orixinal). Esta importante redución afectou a hábitats característicos de humidais, cuxa protección resulta necesaria para asegurar o estado de conservación do espazo. En realidade, a redución da superficie estaba directamente motivada polo interese en transformar e urbanizar os terreos rústicos, tanto nas áreas próximas á lagoa como noutras máis alonxadas. Estas motivacións de clara índole urbanística foron intencionadamente agochadas na resolución do MARM.

A este respeito, o mesmo Ministerio de Medio Ambiente, através da Demarcación de Costas de Galiza, efectuou unha delimitación do Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT) completamente incongruente cos criterios establecidos na Lei de Costas e coas necesidades de proteción do humidal. Excluiuse do DPMT terreos que están sometidos a inundación ordinaria e periódica, establecendo o límite do DPMT en áreas da chaira de inundación que quedan cubertas de auga entre 30-40 cm polo nível da enchente estacional da lagoa. Estes sorprendentes criterios á hora de efectuar o deslinde facilitaron a urbanización de terrenos que cunha aplicación rigorosa da Lei de Costas quedarían incluidos na zona de DPMT.

As consecuencias destas alteracións arbitrarias tanto nos límites do espazo Ramsar como do DPMT tiveron unha repercusión moi negativa sobre o estado de conservación do humidal. A inundación ordinaria das áreas que quedan fóra da protección Ramsar e de Costas provocaron o baleirado intencionado da lagoa mediante a ruptura da barreira litoral. En 2009 esta apertura tivo consecuencias moi negativas no estado de conservación do humidal (denunciadas por ADEGA á oficina de Ramsar internacional), e que se mantiveron nos anos posteriores.

Paralelamente á redución dos límites do espazo Ramsar realizada polo MARM, a Xunta perpetrou unha mudanza similar nos límites do “Humidal Protexido-Lagoa e Areal de Valdoviño”, figura derivada da Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza. Así, inicialmente mediante o Decreto 110/2004 declarábase humidal protexido unha superficie de 740,70 ha, coincidente coa área Ramsar de 1993. Posteriormente, e mediante o Decreto 127/2008, reduciuse a superficie en 255,47 ha sen ningunha xustificación legal para este cambio. Esta falta de xustificación supón un grave incumprimiento do propio Decreto 127/2008, así como da Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, da Lei 8/2007 do Solo (estatal), e da Lei 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade. Ao noso entender, estas alteracións deberían considerarse como ilegais e portanto, nulas e carentes de efeito algún.

As funestas consecuencias destes manexos quedan patentes no progresivo deterioro do espazo dende 2006: perda de superficie de hábitats naturais característicos do humidal, pérdida de hábitats de nidificación e refuxio na orla perimetral (que mesmo foi sometida a desbroces), modificación da barreira litoral e do rexime de inundación, carreiras de quads, artificialización e urbanización insustentábel do territorio...

Asegurar a conservación do humidal da Lagoa e Areal de Valdoviño nun estado ecolóxico favorábel, labor que descoidaron intencionadamente Xunta e Ministerio, esixe recuperar os límites do espazo Ramsar de 1993, así como da declaración de humidal protexido de 2004. As modificacións arbitrarias e ilegais realizadas polo Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta son nulos de pleno dereito e deles poderían derivarse responsabilidades políticas e xudiciais. Xogar "ás casiñas" cos ecosistemas naturais, pasándose as leis ambientais polo arco do trunfo, ten as nefastas consecuencias ambientais e os graves inconvintes para a veciñanza que agora estamos a sufrir.