miércoles, enero 28, 2009

A agricultura ecolóxica medrou no 2008

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou un aumento da facturación e da superficie explotada.


No ano 2008 medrou un 10% a facturación da agricultura ecolóxica, que subiu até os 10,6 millóns de euros. Este número correspondese cun aumento de idéntica porcentaxe na superficie adicada a este modelo de explotación agrícola, aumento de terreo que suporía un 80% se temos en conta os últimos catro anos.

O leite ecolóxico segue sendo o produto que máis cartos factura, supoñendo o leite ecolóxico que se produce no país un 60% do total que se consume no estado. Os outros produtos que máis cantidade de diñeiro facturan son a carne, os produtos avícolas, as froitas, hortalizas e conservas vexetais.

Os datos foron revelados polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, mentres participaba este luns na presentación da campaña A mellor aposta da cociña galega de autor: alimentos ecolóxicos. A finalidade destas xornadas, nas que colabora o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia e os cociñeiros do chamado Grupo Nove, é fomentar o consumo de produtos ecolóxicos nos restaurantes do país, incorporándoos como materia prima habitual nos seus menús

miércoles, enero 14, 2009

Bailandooo

Try JibJab Sendables® eCards today!

lunes, enero 12, 2009

Medio Ambiente vetará os parques eólicos adxudicados en Red Natura e a súa ampliación

Por fin serve pa algo a Consellería de Medio Ambiente !!!unha lástima que sexa por liortas políticas e non pola defensa do territorio. Lendo na Voz...

Admite que se fagan repotenciaciones, aínda que preferiría que non houbese xeradores nesas áreas

Manuel Vázquez advirte de que revisará os proxectos caso a caso, pero ve contraditorio aumentar os hábitats protexidos e pór muíños

A Consellería de Medio Ambiente non autorizará os parques eólicos que acaban de ser adxudicados por Industria en espazos naturais protexidos. O responsable do departamento, o socialista Manuel Vázquez, colleu onte a testemuña de Touriño (que o sábado o emprazou a revisar os proxectos un a un) e explicou que a estratexia da consellería que dirixe, «antes e agora», é que «nin en Red Natura nin nas zonas que temos propostas, e nas que estamos traballando, autorícense novos desenvolvementos eólicos».
O concurso eólico que acaba de fallar Innovación e Industria admitiu a trámite 28 parques proxectados en paraxes naturais, que suman 985 megawatts (un 43% do total autorizado). Deles, once sitúanse sobre espazos protexidos polo mapa de Red Natura vixente (seis repotenciaciones de instalacións xa existentes e outros cinco parques novos), e o resto afectan a localizacións incluídas no mapa de ampliación elaborado por Medio Ambiente. Vázquez insistiu onte en que ao seu departamento «aínda non chegaron as localizacións confirmadas con todos os datos», e advertiu que, «no momento en que cheguen», iranse analizando «caso a caso». «Pero a filosofía xeral é que nin en Red Natura nin na ampliación deberiamos permitir nova eólica, porque se non estariamos facendo unha política contraditoria». Esa filosofía xeral será a que defina «o estudo dos proxectos cando haxa que efectuar a tramitación ambiental», explicou. O conselleiro socialista fai unha excepción coas repotenciaciones (práctica segundo a cal o promotor retira muíños obsoletos e instala menos, pero máis potentes, a cambio dun incremento no número de megawatts): «Os que están en Red Natura probablemente nunca se deberon pór aí no seu día -explica-, pero todo o que sexa repotenciar soa ben, porque é un xeito de minorar impactos e á vez aumentar potencias». Respecto dos parques proxectados nas zonas de ampliación, Manuel Vázquez non cre que haxa problemas de inseguridade xurídica se, no seu día, decídese non conceder a declaración de impacto ambiental a firmas que agora, co mapa aínda sen aprobar oficialmente, recibiron as admisións a trámite: «A ampliación da Red Natura non é da última semana nin as zonas son as que se me ocorren a min. é unha traballo de tres ou catro anos, froito do labor dos científicos que determinan que aí hai algo que protexer, e todo o mundo que está nas políticas ambientais viu o documento nestes anos», asegura Manuel Vázquez. Se temos a previsión de protexer novos hábitats, de acordo co que nos esixe a Unión Europea, sería difícil de explicar que se autoricen parques eólicos nesas zonas», conclúe.

viernes, enero 09, 2009

A FEG solicita a demisión de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forman parte Verdegaia e outras 15 asociacións de defensa ambiental, considera a Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, como o responsable da maior e mellor planificada agresión ambiental ao conxunto do país, representada pola adxudicación de 2.325 MW máis de enerxía a través da produción eólica.Tal concesión provocará danos irreversibles sobre o medio natural galego.

A FEG xa pedira a anulación da Orde do 6 de marzo de 2008 que regula a concesión dos novos parques eólicos adxudicados hoxe. Así mesmo a dita orde tamén foi recorrida pola FEG. Esperando que dito recurso prospere, a FEG anima ao conxunto da cidadanía a que inicie accións legais contra a resolución dos novos parques eólicos. Tal concesión provocará danos irreversibles sobre o medio ambiente galego: sobre os seus recursos naturais, a biodiversidade e a paisaxe. Os danos virán dados pola ocupación, na maior parte dos casos, de hábitats naturais.

Ademais a concesión de hoxe é de dubidosa legalidade pois deixa en papel mollado as seguintes Directivas e Leis:

- Directiva hábitats (Directiva do Consello 92/43 CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres).

- Directiva aves (Directiva 79/409 CEE do Consello, relativa á conservación das aves silvestres).

- Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

- Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Tódalas citadas directivas e leis serán de imposible cumprimento de seguir adiante a tramitación eólica. Cómpre mencionar, ademais, que segundo o Decreto 88/2007, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible está a elaborar os plans de conservación de determinadas especies ameazadas (entre eles o da Aguia real, o da Tartaraña e Gatafornela, Morcegos, etc.) que serán completamente inútiles con semellante desenvolvemento eólico polo que é preciso contar previamente con estes plans de conservación antes de tomar ningunha decisión máis sobre a instalación de centrais eólicas.

A FEG considera inadmisible que cando o BNG estaba na oposición criticara o plan eólico do PP e agora que está no goberno (e á fronte da Consellería de Industria) en vez de elaborar un plan sectorial eólico novo (cunha Avaliación Ambiental Estratéxica, tal como o demanda a lei), retome o antigo do PP para facer esta adxudicación para así saltarse tódalas garantías ambientais e a participación dos axentes sociais implicados (entre eles os ecoloxistas).

"Cantos de serea" de Fernando Blanco e Anxo Quintana

As declaracións de Fernando Blanco e Anxo Quintana son "cantos de serea" que intentan ocultar a magnitude da desfeita das concesións, amais de agochar os intereses que terán que explicar ao conxunto da cidadanía galega.

Neste sentido dicir que as novas concesións eólicas non afectarán a espazos da Rede Natura 2000, equivale a dicir nada: isto é, as zonas da Rede Natura 2000 susceptibles de aproveitamento eólico na actualidade xa están afectadas por parques eólicos. En cambio dende a Consellería de Industria non din ren sobre os novos espazos que pasarán en breve a formar parte da Rede Natura 2000 (en proceso de ampliación a instancias da UE, por considerar esta que a rede actual é insuficiente, o 11 % do territorio, sendo Galicia a autonomía con menor porcentaxe do estado español, só por riba de Ceuta e Melilla). Así estes novos espazos están condenados a soportar a instalación de centrais eólicas, enganando ao conxunto do pobo galego (a este respecto a Consellería de Medio Ambiente e desenvolvemento Sostible terá que explicar tamén, como é posible que en catro anos non fose capaz de levar adiante a ampliación da Rede Natura 2000, tal como llo demandara a UE e tal como se comprometera o goberno galego do bipartito).

Con estas concesións a secuencia de feitos é a seguinte: 1. adxudícanse parques eólicos a empresas, 2. estas efectúan o estudio de impacto ambiental (EIA), 3. o EIA é presentado á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible) e esta emite a Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

Así, as DIA terán que ser forzosamente en todos os casos favorables á instalación dos Parques Eólicos independentemente do seu impacto ambiental pois economicamente é inviable para a Xunta de Galicia paralizar a posteriori calquera proxecto eólico pois tería que indemnizar a empresa por dereitos adquiridos. En definitiva é facerlle unha ponte inadmisible á lei e un sucio truco que poñería contra as cordas a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible pois estaría coas mans atadas para cumprir, minimamente, cos seus cometidos.

A FEG vese obrigada a reiterar unha vez máis o seu apoio á produción de enerxía por medios renovables pero garantindo outros aspectos do medio ambiente galego, sendo ademais prioritario o aforro e a eficacia na política enerxética.

Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais

Verdegaia lamenta que a Consellería de Industria resolvese o concurso eólico sen garantías ambientais. O concurso, lonxe de cumprir coas recomendacións do "ecoloxismo mundial", como declarou Anxo Quintana, é un exemplo senlleiro do ecoloxismo cínico que practican os seus responsables. Os danos que previsiblemente provocará no medio natural serán aínda maiores que os do concurso de 2006, polo maior número de parques admitidos a trámite e por non ter en conta a proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

A resolución do concurso eólico confirmou novamente que o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, defensor das centrais térmicas, de REGANOSA, das pizarreiras do Courel ou dos agrocombustibles, é un dos maiores inimigos da sustentabilidade en Galicia. A Consellería de Innovación e Industria non só non quixo esperar á elaboración dun novo Plano Sectorial Eólico que fose obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica, senón que tamén ignorou a proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 que manexa a Consellaría de Medio Ambiente. Verdegaia tamén valora negativamente que tan só 151,5 dos 2.290,7 MW (o 6,6%) da potencia concedida corresponda ao repotenciamento de parques existentes.

O segundo concurso eólico resolto polo bipartito

O concurso eólico que vén de resolver a Consellería de Innovación e Industria é o segundo desta lexislatura. O primeiro foi convocado en 2006 e nel admitíronse a trámite 21 novos parques. A tramitación destes parques fundamenta os temores sobre as consecuencias do concurso agora resolto. Ao se iren coñecendo os proxectos, confirmouse que algúns deteriorarán espazos de elevado interese natural e paisaxístico: é o caso dos parques Muxía I-2º Fase e Muxía II (na Costa da Morte, entre Touriñán e Muxía), Albariño (na serra da Groba), Pena Redonda (no macizo de Pena Trevinca) ou Alto do Rodicio e Ampliación de Sil-Fase II (no contorno do canón do Sil).

A pesar de xestos como o abandono da mesa de valoración do concurso eólico, non parece probable que a Consellaría de Medio Ambiente vaia declarar ambientalmente inviables algúns dos parques eólicos agora admitidos a trámite. Até hoxe, a Xunta só emitiu unha declaración de impacto desfavorable dun total de máis de 150 expedientes de avaliación ambiental de parques eólicos tramitados desde 1996. Con Manuel Vázquez á fronte da Consellaría de Medio Ambiente emitíronse 19 declaracións de parques eólicos, todas elas favorables, incluídas as de dous parques admitidos a trámite no concurso de 2006 (Fontesilva e Alto do Rodicio).

Mentres que o impacto negativo sobre o territorio dos 78 proxectos de parques admitidos a trámite no megaconcurso eólico do 2008 será moi notable, o seu impacto positivo na loita contra a mudanza climática será bastante limitado, ante a falta de políticas capaces de reducir o consumo de electricidade e de limitar drasticamente a produción sucia nas centrais térmicas, moi especialmente nas de carbón. Así, e segundo a propia Xunta, as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á produción enerxética en Galicia, a pesar de ser xa moi elevadas, aumentarán un 17% entre 2008 e 2012 a respecto de 2007.