Futuro incerto da Mina de as Pontes
Xa non é noticia que o 31 de decembro de 2007 cesa a extracción de lignito na mina de As Pontes, consecuencia delo, ENDESA deixanos unha bomba ecolóxica a tódolos ponteses polos servicios prestados e nas nosas mans está que non nos estoupe. O oco da mina encherase con auga facendo un lago de 550 millóns de m3 e unha profundidade de ata
Para ser conscientes da envergadura do proxecto de enchido da mina, é preciso coñecer unha serie de cuestions técnicas. Nos xacementos mineiros de carbón, grandes cantidades de minerais piríticos quedan expostos. Estas piritas e os sulfuros asociados a eles oxídanse espontáneamente ante a presencia de grandes cantidades de auga, osíxeno e bacterias como a Thiobacillus ferrooxidans. Co asolagamento da mina teremos estos ingredientes en cantidades espectaculares e provocaríase a oxidación cun aumento considerable da acidez da auga. As consecuencias deste descenso do pH da auga son:
- As augas fanse fortemente corrosivas.
- O ecosistema fluvial degrádase ata ser incapaz de manter formas de vida acuáticas.
- A solubilidade de metais pesados aumenta, co que as augas poden chegar a ser tóxicas.
- Contaminación de acuiferos e cursos de auga superficiais.
Có fin de dar resposta a todas estas dúbidas e inquedanzas que xenera o proxecto de restauración da mina, organizamos o día 2 unha xornada de conferencias na que participaron Anibal Gil por parte de ENDESA, Felipe Mazías da Universidade de Santiago de Compostela e Francisco da Silva por parte do Concello de As Pontes. Alí os responsables do proxecto garantizaron a boa calidade das augas do futuro lago que albergará un novo ecosistema. Tamén se trataron os posibles usos do lago, reflexándose o negocio que pode significar para ENDESA a explotación turística da zona. Algo que para nos pode disipar certas dúbidas sobre a calidade da auga pero xera moitas outras; como o desenrolo urbanístico da zona. ¿Realmente queremos para o noso concello un modelo de turismo de porto deportivo e campo de golf ? Dende logo o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas cree que non é o máis axeitado, e esiximos que realmente se restauren nos valores ambientais da zona. Cremos tamén moi necesario que como se tratou nas xornadas, os ponteses dispoñan de información actualizada e un foro de opinión onde se teñan en conta, esperamos que os órganos competentes tomaran boa nota.
2 comentarios:
A min dame mais medo o uso do terreo que a calidade da auga. Confio mais na ciencia que nos politicos, pero e unha opinión. Iso si, as nevoas de lugo estan garantizadas...
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,
菲
梵,
Publicar un comentario