jueves, mayo 08, 2008

Que pais que pais

A vitoria do Real Madrid mobiliza a Salvamento Marítimo

Un grupo de seareiros do equipo de fútbol Real Madrid CF provocou esta cuarta feira unha falsa alarma que obrigou a Salvamento Marítimo a despregar o protocolo de actuación ante un hipotético accidente marítimo.

Durante a retransmisión do partido que o equipo español disputaba contra o FC Barcelona nun bar en Marín, os madridistas celebraron cada gol do seu equipo lanzando unha bengala. Unha delas foi divisada por un automobilista que a asociou cunha demanda de auxilio.

Este veciño alertou ao Servizo de Urxencias da Xunta 112 e sinalou a localización da bengala na Ría de Pontevedra "entre a illa de Tambo e a fábrica de celulosas". Salvamento Marítimo enviou deica a zona o helicóptero Pesca I, con base en Vigo, e mais unha embarcación que permaneceron no lugar arredor de dúas horas.