As augas ultra-acedas dos ríos Lavadoiro e Chamoselo provintes dos entullos da autovía Ferrol-Vilalba chegan ao Eume. Malia aos masivos aportes de carbonato feitos pola Consellaría de Medio Ambiente, o pH volve amosar preocupantes picos de acidez. Por desgraza, este "tratamento de choque" con cal vai ser necesario de xeito permanente, para paliar as consecuencias das escorrentías ácedas das obras e dos continuos vertidos que dende hai máis de 30 anos realiza Endesa no Eume, e que se encontran depositados en forma de lamas acedas no encoro da Capela.
| Al | Ni | Zn | As | Cd | Cr | Se | U |
MOSTRA | mg/L | mg/L | mg/L | ug/L | ug/L | ug/L | ug/L | ug/L |
ENQ1 | 0,012 | 0,0081 | 0,0127 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | <0,05 |
ENQ2 | 0,034 | <0,0001 | 0,0025 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | <0,05 |
ENQ3 | 6,13 | 0,190 | 0,185 | <0,2 | <0,1 | <0,5 | <1,0 | 2,60 |
ENQ4 | 287 | 6,09 | 5,29 | 235 | 18,0 | 113 | 1,7 | 362 |
Límites | 0,1 | 0,05-0,2 | 0,03-0,5 | 50 | 3 | 50 | 1 | 15 |
ENQ1- Río Eume. Marxes do encoro da Capela.
ENQ2- Río Eume. Augas arriba da confluencia co Chamoselo.
ENQ3- Río Chamoselo, antes da confluencia co Eume.
ENQ4- Río Lavadoiro, afluente do Chamoselo (recolle escorrentías das obras da autovía Ferrol-Vilalba e do polígono de Airós)
Valor guía recomendado pola OMS (Organización Mundial da Saúde)
Real Decreto 995/2000, de 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, de 11 de abril.
O Alumino, cuxa toxicidade se relaciona coa promoción do Alzheimer, supera en 2870 veces o recomendado pola OMS; metais moi tóxicos como o Arsénico e o Cromo superan en 4,7 e 2,2 veces os límites legais, mentres que o Uranio está 24 veces por riba do recomendado pola OMS. Á vista destes datos, ADEGA pregunta a Augas de Galiza que está a facer para atallar o problema dos metais pesados no Eume.
Alén disto, facemos tamén a seguinte reflexión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario