martes, marzo 24, 2009

Activistas de Verdegaia constrúen o lema “AQUÍ COMEZA A MUDANZA CLIMÁTICA” nas Pontes

Domingo, 22 de Marzo do 2009 verdegaia_as-pontes_5.jpgActivistas da asociación ecoloxista Verdegaia construíron hoxe pola tarde o lema “Aquí comeza a mudanza climática” diante das centrais térmicas de carbón e de gas natural das Pontes. Fixéronno para denunciar as súas elevadas emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas de invernadoiro causante das alteracións climáticas. En particular, a central térmica de carbón das Pontes é a maior “fábrica de mudanza climática” do Estado español. Esta central eléctrica emite ela soa máis CO2 que toda Navarra ou Estremadura.

No período 2005-2007, a central térmica de carbón das Pontes emitiu unha media anual de 9,12 millóns de toneladas de CO2, é dicir, bastante máis que todos o sector do transporte en Galicia (6,9 millóns en 2006). Xunto coa central de carbón de Meirama, representa o 37% das emisións totais de Galicia. Debido principalmente as centrais térmicas de carbón situadas no noso territorio, Galicia contribúe máis á mudanza climática, en termos relativos, que o conxunto de España e de Europa (1).

verdegaia_as-pontes_5.jpgA central das Pontes, propiedade de ENDESA, foi obxecto dunha reconversión para queimar só carbón de importación. Isto diminuirá sustancialmente as emisións de dióxido de xofre (SO2), gas causante de chuvia ácida, mais apenas reducirá as emisións de CO2, que seguirán a ser moi altas en relación coa electricidade xerada. É previsíbel que nos próximos anos esta central reduza a súa produción, mais aínda así seguirá a ser unha enorme “fábrica de mudanza climática”, incluso sen ter en conta as emisións asociadas á extracción e ao transporte de carbón desde lugares tan afastados como Indonesia.

No ano pasado comezou a funcionar a central térmica de ciclo combinado a gas natural das Pontes, tamén propiedade de ENDESA e situada a carón da central de carbón. Aínda que se trata dunha central moito máis eficiente e menos intensiva en emisións de CO2 que a central de carbón, non deixa de ser tamén unha central eléctrica sucia que lanzará á atmosfera cantidades moi importantes de CO2.

Verdegaia demanda o peche das centrais térmicas de carbón galegas das Pontes e de Meirama por se trataren de centrais ineficientes e moi impactantes, non só polas emisións de CO2, senón tamén pola contaminación local por partículas e gases acidificantes e polos danos ambientais da minería de carbón. O carbón, o combustible fósil máis contaminante, debe ser substituído polo aforro e polas renovables, no marco dunha política enerxética sustentable que decreza o consumo galego e as exportacións de electricidade (2). Seguir a queimar carbón para xerar electricidade en centrais obsoletas como as de Meirama e As Pontes é incompatible coa loita contra a mudanza climática global que, segundo os últimos datos científicos, está a evolucionar cara ao peor dos escenarios previstos, o que tería efectos devastadores ao longo do presente século, especialmente nos países empobrecidos.

Notas:

(1) En 2006, último ano para o que se dispón de datos oficiais, as emisións de gases de invernadoiro por habitante de Galicia foron de 12,4 toneladas, fronte ás 9,9 de España e ás 10,4 da UE-27.

(2) Con motivo da consulta pública do Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático, Verdegaia presentou un documento con propostas para reducir as emisións de gases de invernadoiro: “Por unha economía galega baixa en carbono”

lunes, marzo 23, 2009

A ilimitada desvergoña de ENDESA: xogando a ser deus co medio ambiente


14 de marzo de 2009. ENDESA ven de lanzar unha publirreportaxe para gabar as súas "iniciativas ambientais" en Galiza. O macrolago ácido d'As Pontes e a "restauración" das escombreiras van convertir esta zona no Cancún de Galiza: un idílico lago ideal para os deportes náuticos, vizosos bosques "autóctonos" onde antes "solo había tojos" e que axudarán a compensar as emisións... "Nosotros generamos biodiversidad", di un alto executivo da empresa. A realidade: a balsa ácida máis grande de Europa chuchando o 70% do caudal do Eume e poñendo en perigo o Parque das Fragas; aumento das emisións de CO2 en 2007... Por non lembrar as verteduras ao Eume, a chuvia ácida, as centrais hidroeléctricas... A desvergoña de ENDESA parece non ter límites.

O enchido forzado con auga da mina de As Pontes amosa incertidumes e riscos non suficientemente avaliados. Xa o Prof. Xoán Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Universitario de Xeoloxía, advertíu que bacía d'As Pontes atópase sobre unha falla activa que podería provocar un incremento da sismicidade inducida polos millóns de m3 de auga do lago. Mais hai un problema engadido: o enorme volume do lago (de 2 km de longo e máis de 200 m de profundidade), pode provocar a inxección de auga na falla lubricándoa e incrementando as probabilidades de esbaramento. De acontecer, un tsunami lacustre de augas ácidas alcanzaría Pontedeume através do val do Eume.
Esta realidade dista moito do panorama idílico que nos pinta ENDESA: o bucólico lago é unha inestábel macrobalsa ácida, á que haberá que engadir de por vida millóns de toneladas de cal e cuxa profundidade fará preciso o uso dun batiscafo para rescatar das zonas máis profundas ás posíbeis vítimas.
ADEGA quere tamén chamar a atención sobre as consecuencias de substraer cada ano do Eume 120 Hm3 no ecosistema do río, no Parque Natural das Fragas do Eume, no abastecemento de auga e mesmo nos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume. O Eume afronta arestora unha merma importante na calidade da auga debido aos encoros, vertidos, acidificación etc. á que habería que engadir catro anos como mínimo de estiaxe forzada cun ridículo caudal “ecolóxico” (o 10% do caudal medio anual).
Atendendo a estes argumentos, semella que a solución do macrolago só é máis convinte para ENDESA, que logo de décadas de explotar os nosos recursos a cambio de impactos e contaminación, quere agora “liquidar” as súas responsabilidades ambientais cunha solución rápida e barata, novamente a costa dun recurso público: o río Eume.

E sobre as miles de árbores coas que se "rexenerarán" as escombreiras, resulta indecente que ENDESA afirme que "compensarán las emisiones de las instalaciones de ENDESA en Madrid y de sus empleados". E quen vai compensar aos galegos/as polos millóns de toneladas de CO2 e SO2 e NOx emitidos en Galiza por ENDESA durante 40 anos, alén dos imensos danos nos ecosistemas (para eles só toxos e uces), no noso patrimonio histórico, na paisaxe etc.? Se tiveran que compensar con árbores todos os gases que levan emitido non abondaría con reforestar a superficie de Galiza enteira.
A realidade é que o sector eléctrico, coas térmicas galegas á cabeza segue a superar ano tras ano os topes asignados polo Plano Estatal de Asignacións de Dereitos de Emisión. E nen sequera pagan en Galiza os seus impostos mentres obteñen inmensas plusvalías a costa do noso medio ambiente.
Esta vergoñenta campaña de publicidade "verde" amosa até donde chega a desfachatez e o desprezo de ENDESA por Galiza e o seu patrimonio natural e cultural.

martes, marzo 17, 2009

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




"MacGyver" vuelve, esta vez en la gran pantalla


Las aventuras del agente secreto con más recursos de la historia de la televisión, "MacGyver", llegarán a la gran pantalla de la mano de los estudios New Line, según informa la revista "The Hollywood Reporter".

viernes, marzo 13, 2009

martes, marzo 10, 2009

¿Son seguros los transgénicos?

emb&c18=prisacom&c20=gadget&h1=prisacom>cadenaser>gadget>llevatelo>emb>" width="0" height="0" border="0">

lunes, marzo 09, 2009

Chapuzas feito na Galiza



Eu emigro, non queda outra...

jueves, febrero 26, 2009

Entroido 2009



Pese a mala calidade da foto merece a pena votar unhas risas no entroido
Máis fotos no album

miércoles, febrero 11, 2009

O bipartito incumpriu compromisos importantes a favor da sustentabilidade recollidos no seu programa

O "Acordo sobre bases programáticas para a acción de goberno" asinado no comezo desta lexislatura polo PSdG-PSOE e o BNG non facía da sustentabilidade un eixo principal da acción de goberno, polo que axiña se puido comprobar que non estaban fundamentadas as expectativas de que a mudanza de goberno fose supor unha ruptura coas políticas produtivistas da Xunta do PP. Non só a sustentabilidade non foi unha política central e transversal nesta lexislatura senón que algúns compromisos do "Programa Contrato" do bipartito ambientalmente beneficiosos foron incumpridos.

A xuízo de Verdegaia, malia algúns avanzos, esta foi outra lexislatura perdida para a sustentabilidade na que se agravou a destrución ambiental.

Foi sintomático que a sustentabilidade estivese practicamente ausente do apartado "Emprego e desenvolvemento económico" do acordo programático para a formación do bipartito. A conversión ecolóxica da economía para decrecer o consumo de enerxía e de materiais volveu estar fóra das preocupacións da Xunta e así non sorprende que un dos compromisos máis destacados do capítulo "Territorio e sustentabilidade", a aprobación dun "Plan galego de desenvolvemento sostible", fose totalmente incumprido. A aposta pola sustentabilidade consistiu en pouco máis que en engadir "Desenvolvemento sostible" ao nome oficial da Consellería de Medio Ambiente.

Políticas destrutoras do territorio

Aínda que a redución da pegada ecolóxica global de Galicia non figuraba entre os obxectivos fundamentais do bipartito, si se incluía entre éstes o de "poñer en valor o territorio, mediante políticas de sustentabilidade ambiental, de calidade urbanística e de habitabilidade". O fracaso na consecución deste obxectivo é manifesto. Os planos sectoriais de piscifactorías e de portos deportivos, os concursos eólicos, a política mineira, o aumento do superávit de infraestruturas de transporte por estrada de alta capacidade, a execución de concentracións parcelarias impactantes, ou o apoio firme a REGANOSA na ría de Ferrol, son exemplos destacados de actuacións políticas destrutoras do territorio. Medidas positivas como a aprobación da Lei da Paisaxe, a moratoria urbanística no litoral ou a paralización dalgunhas minicentrais hidroeléctricas non impiden que a incidencia global das políticas do bipartito sobre o noso territorio teña sido moi negativo.

Alén diso,o Goberno apoiado por PSdG-PSOE e BNG incumpriu totalmente ou en parte algúns compromisos salientables ambientalmente beneficiosos que figuraban no programa que se comproteu a levar á práctica durante esta lexislatura:

-Traslado de ENCE: non se rexistrou ningún avanzo palpable.

-Medio rural: o Programa de Desenvolvemento Rural non aposta o suficiente por un modelo agrario sustentable. Elaborouse un Plan para o Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica que supón un importante impulso á produción ecolóxica certificada. A defensa do valor das terras agrarias, con medidas como a prohibición da forestación ou o Banco de Terras, é positivo para as sustentabilidade. A Xunta e o Parlamento non declararon inequivocamente a Galicia como Zona Libre de Transxénicos. A Lei de Montes non concluiu a tramitación e non foi consensuada coas organizacións ecoloxistas. Após a catástrofe incendiaria do verán de 2006, houbo melloras na política de incendios, particularmente en prevención, mais pouco se avanzou en materia de xestión forestal sustentable, por exemplo, no combate á eucaliptización.

-Planificación territorial: non se tentou acadar o "Pacto polo Territorio" para "planificar e ordenar os usos con criterios de sostibilidade". Tampouco se aprobaron as Directrices de Ordenación do Territorio, aínda que si se presentou un borrador que contén algunhas propostas insustentables e que non foi obxecto dun procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

-Plan de usos do litoral: a súa elaboración está a sufrir un grande atraso.

-Rexeneración, preservación e saneamento integral das rías: o obxectivo de atinxir o saneamento integral das rías adiouse para a próxima lexislatura.

-Plan de transporte público de proximidade nas áreas metropolitanas de A Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo: non se avanzou nada en materia de transporte ferroviario.

-Novo Plan de Residuos: a proposta para o período 2007-2017, sen aprobar, non rompe totalmente co modelo SOGAMA, mantendo a actividade da incineradora de Cerceda (en 2017, queimaría o 30% dos residuos urbanos).

-Plan para o Aforro e a Eficiencia Enerxética: de impacto moi limitado, incorporouse no Plan Enerxético de Galicia 2007-2012, que prevé un aumento da demanda enerxética do 12,7% entre 2006 e 2012.

-Plan de Loita contra o Cambio Climático: aínda sen aprobar, non supón unha diminución das emisións de gases de invernadoiro. Co Plan, en 2012 as emisións de gases de efecto invernadoiro serán un 37% superiores ás de 1990, cando en 2006 tiñan medrado o 20,6 %.

"Goberne quen goberne, Galiza non se vende"

O balanzo desta lexislatura e das anteriores pon claramente en evidencia o escaso ou nulo compromiso coa defensa ambiental e a sustentabilidade da xeralidade dos políticos galegos e a necesidade de que a cidadanía se mobilice por un modelo económico sustentable e xusto que mellore as nosas vidas sen destruír o medio ambiente galego e global. É por iso que Verdegaia participará na manifestación convocada para o próximo 15 de febreiro baixo o lema "Goberne quen goberne, Galiza non se vende" pola rede Galiza non se vende, da que forma parte desde a súa creación.

miércoles, enero 28, 2009

A agricultura ecolóxica medrou no 2008

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou un aumento da facturación e da superficie explotada.


No ano 2008 medrou un 10% a facturación da agricultura ecolóxica, que subiu até os 10,6 millóns de euros. Este número correspondese cun aumento de idéntica porcentaxe na superficie adicada a este modelo de explotación agrícola, aumento de terreo que suporía un 80% se temos en conta os últimos catro anos.

O leite ecolóxico segue sendo o produto que máis cartos factura, supoñendo o leite ecolóxico que se produce no país un 60% do total que se consume no estado. Os outros produtos que máis cantidade de diñeiro facturan son a carne, os produtos avícolas, as froitas, hortalizas e conservas vexetais.

Os datos foron revelados polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, mentres participaba este luns na presentación da campaña A mellor aposta da cociña galega de autor: alimentos ecolóxicos. A finalidade destas xornadas, nas que colabora o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia e os cociñeiros do chamado Grupo Nove, é fomentar o consumo de produtos ecolóxicos nos restaurantes do país, incorporándoos como materia prima habitual nos seus menús

miércoles, enero 14, 2009

Bailandooo

Try JibJab Sendables® eCards today!

lunes, enero 12, 2009

Medio Ambiente vetará os parques eólicos adxudicados en Red Natura e a súa ampliación

Por fin serve pa algo a Consellería de Medio Ambiente !!!unha lástima que sexa por liortas políticas e non pola defensa do territorio. Lendo na Voz...

Admite que se fagan repotenciaciones, aínda que preferiría que non houbese xeradores nesas áreas

Manuel Vázquez advirte de que revisará os proxectos caso a caso, pero ve contraditorio aumentar os hábitats protexidos e pór muíños

A Consellería de Medio Ambiente non autorizará os parques eólicos que acaban de ser adxudicados por Industria en espazos naturais protexidos. O responsable do departamento, o socialista Manuel Vázquez, colleu onte a testemuña de Touriño (que o sábado o emprazou a revisar os proxectos un a un) e explicou que a estratexia da consellería que dirixe, «antes e agora», é que «nin en Red Natura nin nas zonas que temos propostas, e nas que estamos traballando, autorícense novos desenvolvementos eólicos».
O concurso eólico que acaba de fallar Innovación e Industria admitiu a trámite 28 parques proxectados en paraxes naturais, que suman 985 megawatts (un 43% do total autorizado). Deles, once sitúanse sobre espazos protexidos polo mapa de Red Natura vixente (seis repotenciaciones de instalacións xa existentes e outros cinco parques novos), e o resto afectan a localizacións incluídas no mapa de ampliación elaborado por Medio Ambiente. Vázquez insistiu onte en que ao seu departamento «aínda non chegaron as localizacións confirmadas con todos os datos», e advertiu que, «no momento en que cheguen», iranse analizando «caso a caso». «Pero a filosofía xeral é que nin en Red Natura nin na ampliación deberiamos permitir nova eólica, porque se non estariamos facendo unha política contraditoria». Esa filosofía xeral será a que defina «o estudo dos proxectos cando haxa que efectuar a tramitación ambiental», explicou. O conselleiro socialista fai unha excepción coas repotenciaciones (práctica segundo a cal o promotor retira muíños obsoletos e instala menos, pero máis potentes, a cambio dun incremento no número de megawatts): «Os que están en Red Natura probablemente nunca se deberon pór aí no seu día -explica-, pero todo o que sexa repotenciar soa ben, porque é un xeito de minorar impactos e á vez aumentar potencias». Respecto dos parques proxectados nas zonas de ampliación, Manuel Vázquez non cre que haxa problemas de inseguridade xurídica se, no seu día, decídese non conceder a declaración de impacto ambiental a firmas que agora, co mapa aínda sen aprobar oficialmente, recibiron as admisións a trámite: «A ampliación da Red Natura non é da última semana nin as zonas son as que se me ocorren a min. é unha traballo de tres ou catro anos, froito do labor dos científicos que determinan que aí hai algo que protexer, e todo o mundo que está nas políticas ambientais viu o documento nestes anos», asegura Manuel Vázquez. Se temos a previsión de protexer novos hábitats, de acordo co que nos esixe a Unión Europea, sería difícil de explicar que se autoricen parques eólicos nesas zonas», conclúe.

viernes, enero 09, 2009

A FEG solicita a demisión de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forman parte Verdegaia e outras 15 asociacións de defensa ambiental, considera a Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, como o responsable da maior e mellor planificada agresión ambiental ao conxunto do país, representada pola adxudicación de 2.325 MW máis de enerxía a través da produción eólica.Tal concesión provocará danos irreversibles sobre o medio natural galego.

A FEG xa pedira a anulación da Orde do 6 de marzo de 2008 que regula a concesión dos novos parques eólicos adxudicados hoxe. Así mesmo a dita orde tamén foi recorrida pola FEG. Esperando que dito recurso prospere, a FEG anima ao conxunto da cidadanía a que inicie accións legais contra a resolución dos novos parques eólicos. Tal concesión provocará danos irreversibles sobre o medio ambiente galego: sobre os seus recursos naturais, a biodiversidade e a paisaxe. Os danos virán dados pola ocupación, na maior parte dos casos, de hábitats naturais.

Ademais a concesión de hoxe é de dubidosa legalidade pois deixa en papel mollado as seguintes Directivas e Leis:

- Directiva hábitats (Directiva do Consello 92/43 CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres).

- Directiva aves (Directiva 79/409 CEE do Consello, relativa á conservación das aves silvestres).

- Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

- Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Tódalas citadas directivas e leis serán de imposible cumprimento de seguir adiante a tramitación eólica. Cómpre mencionar, ademais, que segundo o Decreto 88/2007, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible está a elaborar os plans de conservación de determinadas especies ameazadas (entre eles o da Aguia real, o da Tartaraña e Gatafornela, Morcegos, etc.) que serán completamente inútiles con semellante desenvolvemento eólico polo que é preciso contar previamente con estes plans de conservación antes de tomar ningunha decisión máis sobre a instalación de centrais eólicas.

A FEG considera inadmisible que cando o BNG estaba na oposición criticara o plan eólico do PP e agora que está no goberno (e á fronte da Consellería de Industria) en vez de elaborar un plan sectorial eólico novo (cunha Avaliación Ambiental Estratéxica, tal como o demanda a lei), retome o antigo do PP para facer esta adxudicación para así saltarse tódalas garantías ambientais e a participación dos axentes sociais implicados (entre eles os ecoloxistas).

"Cantos de serea" de Fernando Blanco e Anxo Quintana

As declaracións de Fernando Blanco e Anxo Quintana son "cantos de serea" que intentan ocultar a magnitude da desfeita das concesións, amais de agochar os intereses que terán que explicar ao conxunto da cidadanía galega.

Neste sentido dicir que as novas concesións eólicas non afectarán a espazos da Rede Natura 2000, equivale a dicir nada: isto é, as zonas da Rede Natura 2000 susceptibles de aproveitamento eólico na actualidade xa están afectadas por parques eólicos. En cambio dende a Consellería de Industria non din ren sobre os novos espazos que pasarán en breve a formar parte da Rede Natura 2000 (en proceso de ampliación a instancias da UE, por considerar esta que a rede actual é insuficiente, o 11 % do territorio, sendo Galicia a autonomía con menor porcentaxe do estado español, só por riba de Ceuta e Melilla). Así estes novos espazos están condenados a soportar a instalación de centrais eólicas, enganando ao conxunto do pobo galego (a este respecto a Consellería de Medio Ambiente e desenvolvemento Sostible terá que explicar tamén, como é posible que en catro anos non fose capaz de levar adiante a ampliación da Rede Natura 2000, tal como llo demandara a UE e tal como se comprometera o goberno galego do bipartito).

Con estas concesións a secuencia de feitos é a seguinte: 1. adxudícanse parques eólicos a empresas, 2. estas efectúan o estudio de impacto ambiental (EIA), 3. o EIA é presentado á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible) e esta emite a Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

Así, as DIA terán que ser forzosamente en todos os casos favorables á instalación dos Parques Eólicos independentemente do seu impacto ambiental pois economicamente é inviable para a Xunta de Galicia paralizar a posteriori calquera proxecto eólico pois tería que indemnizar a empresa por dereitos adquiridos. En definitiva é facerlle unha ponte inadmisible á lei e un sucio truco que poñería contra as cordas a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible pois estaría coas mans atadas para cumprir, minimamente, cos seus cometidos.

A FEG vese obrigada a reiterar unha vez máis o seu apoio á produción de enerxía por medios renovables pero garantindo outros aspectos do medio ambiente galego, sendo ademais prioritario o aforro e a eficacia na política enerxética.

Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais

Verdegaia lamenta que a Consellería de Industria resolvese o concurso eólico sen garantías ambientais. O concurso, lonxe de cumprir coas recomendacións do "ecoloxismo mundial", como declarou Anxo Quintana, é un exemplo senlleiro do ecoloxismo cínico que practican os seus responsables. Os danos que previsiblemente provocará no medio natural serán aínda maiores que os do concurso de 2006, polo maior número de parques admitidos a trámite e por non ter en conta a proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

A resolución do concurso eólico confirmou novamente que o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, defensor das centrais térmicas, de REGANOSA, das pizarreiras do Courel ou dos agrocombustibles, é un dos maiores inimigos da sustentabilidade en Galicia. A Consellería de Innovación e Industria non só non quixo esperar á elaboración dun novo Plano Sectorial Eólico que fose obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica, senón que tamén ignorou a proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 que manexa a Consellaría de Medio Ambiente. Verdegaia tamén valora negativamente que tan só 151,5 dos 2.290,7 MW (o 6,6%) da potencia concedida corresponda ao repotenciamento de parques existentes.

O segundo concurso eólico resolto polo bipartito

O concurso eólico que vén de resolver a Consellería de Innovación e Industria é o segundo desta lexislatura. O primeiro foi convocado en 2006 e nel admitíronse a trámite 21 novos parques. A tramitación destes parques fundamenta os temores sobre as consecuencias do concurso agora resolto. Ao se iren coñecendo os proxectos, confirmouse que algúns deteriorarán espazos de elevado interese natural e paisaxístico: é o caso dos parques Muxía I-2º Fase e Muxía II (na Costa da Morte, entre Touriñán e Muxía), Albariño (na serra da Groba), Pena Redonda (no macizo de Pena Trevinca) ou Alto do Rodicio e Ampliación de Sil-Fase II (no contorno do canón do Sil).

A pesar de xestos como o abandono da mesa de valoración do concurso eólico, non parece probable que a Consellaría de Medio Ambiente vaia declarar ambientalmente inviables algúns dos parques eólicos agora admitidos a trámite. Até hoxe, a Xunta só emitiu unha declaración de impacto desfavorable dun total de máis de 150 expedientes de avaliación ambiental de parques eólicos tramitados desde 1996. Con Manuel Vázquez á fronte da Consellaría de Medio Ambiente emitíronse 19 declaracións de parques eólicos, todas elas favorables, incluídas as de dous parques admitidos a trámite no concurso de 2006 (Fontesilva e Alto do Rodicio).

Mentres que o impacto negativo sobre o territorio dos 78 proxectos de parques admitidos a trámite no megaconcurso eólico do 2008 será moi notable, o seu impacto positivo na loita contra a mudanza climática será bastante limitado, ante a falta de políticas capaces de reducir o consumo de electricidade e de limitar drasticamente a produción sucia nas centrais térmicas, moi especialmente nas de carbón. Así, e segundo a propia Xunta, as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á produción enerxética en Galicia, a pesar de ser xa moi elevadas, aumentarán un 17% entre 2008 e 2012 a respecto de 2007.

sábado, diciembre 20, 2008

Charly que grande!!!

Pero que fotazas tou a atopar !!!



En breve un album con todos os escaneros no Picasa, jeje

jueves, diciembre 18, 2008

Quédannos 11 anos e pouco para que esvaia a era do petróleo

lendo en vieiros:
Segundo a Axencia Internacional da Enerxía, a produción máxima acadarase no 2020. Logo comezará o declive.

Jajajajajajaja me parto y me troncho

La policía abate a tiros a un becerro descontrolado que hirió a cuatro personas y sembró el pánico por las calles de A Coruña

Bueno Bueno quen seria !!! Galiza is diferent jeje

martes, diciembre 16, 2008

El ataque del zapato volador

sábado, diciembre 13, 2008

Fotaza alo polo 96 !!!!

martes, noviembre 18, 2008

Hasta 282 dolares al año, por ir a estudiar en bicicleta

Lendo meneame.net.: Diferentes Universidades del sur de California están aplicando incentivos a sus alumnos para desalentar el uso de automóviles y fomentar la utilización de bicicletas para dirigirse al campus a estudiar. Tal es el caso de la Universidad de Stanford que paga hasta 282 dolares al año.

Enlace á Noticia


Canto temos que aprender dos ianquis en realidade implantacion na galiza xa !!