lunes, mayo 07, 2007

Deteñen un gaseiro na ria de Ferrol
Os colectivos que apoian o Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol animan a unirse á concentración convocada para as 19h deste venres no peirao ferrolán. As lanchas volverán saír a frear o paso do gaseiro

O obxectivo inmediato é impedir que acceda á ría o gaseiro Galicia Spirit, cargado con milleiros de metros cúbicos de gas licuado. Insisten desde o Comité en que o barco non ten os permisos necesarios e acusan a Reganosa de teimar coa "ilegalidade". Ao respecto da autorización para o acceso do buque, desde a Consellaría de Industria remiten á Autoridade Portuaria de Ferrol, segundo a cal o buque si tería os permisos para o acceso á planta de gas. A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol volverá sacar as lanchas á ría contra a noitiña, para impedir que o buque volva tentar o acceso aproveitando a pleamar.
Notica do vieiros

Hai que parar a tremenda irregularidade, pese a quen pese (ENDESA e Tojeiro),que é a regasificadora de Mugardos. Moi boa iniciativa