miércoles, enero 28, 2009

A agricultura ecolóxica medrou no 2008

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou un aumento da facturación e da superficie explotada.


No ano 2008 medrou un 10% a facturación da agricultura ecolóxica, que subiu até os 10,6 millóns de euros. Este número correspondese cun aumento de idéntica porcentaxe na superficie adicada a este modelo de explotación agrícola, aumento de terreo que suporía un 80% se temos en conta os últimos catro anos.

O leite ecolóxico segue sendo o produto que máis cartos factura, supoñendo o leite ecolóxico que se produce no país un 60% do total que se consume no estado. Os outros produtos que máis cantidade de diñeiro facturan son a carne, os produtos avícolas, as froitas, hortalizas e conservas vexetais.

Os datos foron revelados polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, mentres participaba este luns na presentación da campaña A mellor aposta da cociña galega de autor: alimentos ecolóxicos. A finalidade destas xornadas, nas que colabora o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia e os cociñeiros do chamado Grupo Nove, é fomentar o consumo de produtos ecolóxicos nos restaurantes do país, incorporándoos como materia prima habitual nos seus menús

No hay comentarios: