miércoles, octubre 22, 2008

ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume

20 de outubro de 2008. Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da suposta normalidade que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados?
As augas ultra-acedas dos ríos Lavadoiro e Chamoselo provintes dos entullos da autovía Ferrol-Vilalba chegan ao Eume. Malia aos masivos aportes de carbonato feitos pola Consellaría de Medio Ambiente, o pH volve amosar preocupantes picos de acidez. Por desgraza, este "tratamento de choque" con cal vai ser necesario de xeito permanente, para paliar as consecuencias das escorrentías ácedas das obras e dos continuos vertidos que dende hai máis de 30 anos realiza Endesa no Eume, e que se encontran depositados en forma de lamas acedas no encoro da Capela.
No entanto, os labores levados a cabo pola consellaría para recuperar o pH deixan sen tratar outra preocupante consecuencia dos vertidos: a cantidade de metais pesados que están sendo inxectados na bacía do Eume, e que en moitos casos, pasan directamente á cadea trófica.
A este respeito, ADEGA encargou análises independentes non só do pH e dos parámetros usuais da auga, senón tamén dos metais pesados presentes en diversos puntos da bacía do Eume. Os resultados destas análises realizadas polo Departamento de Enxeñería Química da Universidade da Coruña son preocupantes: as cantidades presentes de Al, Ni, Zn, As, Cd, Cr, Se e U, entre outros, superan en moitas veces os límites permitidos e as recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde)



Al

Ni

Zn

As

Cd

Cr

Se

U

MOSTRA

mg/L

mg/L

mg/L

ug/L

ug/L

ug/L

ug/L

ug/L

ENQ1

0,012

0,0081

0,0127

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

<0,05

ENQ2

0,034

<0,0001

0,0025

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

<0,05

ENQ3

6,13

0,190

0,185

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

2,60

ENQ4

287

6,09

5,29

235

18,0

113

1,7

362

Límites

0,1

0,05-0,2

0,03-0,5

50

3

50

1

15

ENQ1- Río Eume. Marxes do encoro da Capela.

ENQ2- Río Eume. Augas arriba da confluencia co Chamoselo.

ENQ3- Río Chamoselo, antes da confluencia co Eume.

ENQ4- Río Lavadoiro, afluente do Chamoselo (recolle escorrentías das obras da autovía Ferrol-Vilalba e do polígono de Airós)

Valor guía recomendado pola OMS (Organización Mundial da Saúde)

Real Decreto 995/2000, de 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, de 11 de abril.

O Alumino, cuxa toxicidade se relaciona coa promoción do Alzheimer, supera en 2870 veces o recomendado pola OMS; metais moi tóxicos como o Arsénico e o Cromo superan en 4,7 e 2,2 veces os límites legais, mentres que o Uranio está 24 veces por riba do recomendado pola OMS. Á vista destes datos, ADEGA pregunta a Augas de Galiza que está a facer para atallar o problema dos metais pesados no Eume.

Alén disto, facemos tamén a seguinte reflexión:

O problema do Eume é crónico: décadas de vertidos mineiros e chuvia áceda, agravadas polas recentes obras fan que nalgúns treitos o río esté prácticamente morto dende o punto de vista biolóxico. E hai unha nova ameaza a unha escala aínda nuncda vista: Endesa pretende tirarlle unha importante cantidade de auga para o recheo do oco da mina, un proceso que xa comezou e que comporta riscos ambientais e de saúde pública non suficientemente avaliados. Tendo en conta que o vaso que se pretende encher ten os mesmos materiais e mesmo algúns máis tóxicos que as obras que deron lugar á última crise, e que Endesa ten previsto asulagar dúas entulleiras con material altamente contaminante a unha escala que multiplica por moito as obras da autovía, o futuro lago pode rematar sendo unha enorme, inestábel e perigosa balsa aceda ateigada de metais pesados, que verterá as augas ao Eume.

No hay comentarios: