viernes, diciembre 28, 2007

Central Térmica de As Pontes, o maior foco de contaminación galego

Co motivo da aparición do alcalde de As Pontes nun programa emitido a nivel estatal falando do cambio climático, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, quere expresar o seu parecer do tema o non se lle permitir participar neste programa.

Perplexos contemplamos como o representante dos ponteses, que non da empresa ENDESA, facía una alabanza dos “esforzos que a empresa fai por adaptarse ó cumprimento de quioto, investindo 600 mill. de euros para reducir as emisións de CO2 nun 20 % e as de SO2 practicamente no 100%”

Pois como o propio alcalde tamén dicía, é necesario falar con propiedade destes temas, e os ecoloxistas de as pontes o facemos acudindo os propios datos que a empresa está obrigada a publicar para a súa certificación ambiental. Neste documento lemos que as reducións de emisións serán do 6,9 % para o CO2, e do 96,9% para SO2. Isto significa que a central seguirá emitindo cerca de 10.000.000 de toneladas de CO2 ó ano, case que o dobre do que emite a totalidade do parque automobilístico galego.

Xa ninguén dubida que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais ós que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de emisións de CO2 antropoxénicas como as da térmica de As Pontes. Secas prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten o redor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar estas enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, así como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.

Pero inda hai máis porque falaba dos “esforzos ambientai” da empresa, algo pouco menos que escandaloso e que require una breve revisión histórica . A central térmica de As Pontes con 1.400 Mw de potencia é a maior térmica do estado e foi construída entre o 1972 e 1979 para explotar o xacemento de lignito pardo situado o seu pé. Entre 1993 e 1997, a central foi transformada para consumir unha mezcla de lignito e de carbón subbituminoso de importación. Perante o esgotamento do lignito extraído nas pontes a central afronta nestes momentos outra transformación para operar a partir do 2008 só co carbón de importación o cal é menos contaminante e grazas a elo se producirán as reducións da contaminación. Vemos pois que a central de esforzos ambientais nada, senón que grazas o esgotamento do xacemento autóctono, esta vese obrigada a transformar as caldeiras para proseguir coa produción.

No hay comentarios: