
É UN PAXARO, É UN AVION NON E SUPERMUIÑOS QUE NOS VEN SALVAR DA DESTRUCCIÓN DOS XIGANTES
DESCRICIÓN DO ROTEIRO:
ROTEIRO O FREIXO-SOMEDE
Concello: As Pontes de García Rodríguez
Dificultade: media – baixa
Lonxitude: 18 Km
As Pontes, do val á montaña: O Freixo-Somede
Publicado en Pegadas, por Serxio Paz Roca e Xosé María López Fernández
Propoñémosvos para este primeiro roteiro, ir en coche ata o núcleo do Freixo e comezar alí, ben sexa a pé, ou en bicicleta. Se decidides facer este roteiro a pé, tedes que pensar en levar o xantar, xa que a distancia a percorrer é considerábel, co que o mellor de todo sería facer un descanso no camiño. A pé levaravos, a un ritmo normal unhas 6 horas, e se decidides facer o roteiro en bici, en dúas horas e media, aproximadamente, chegaredes de volta ao punto de partida. O menos atractivo desta proposta é que o roteiro non é circular, co que deberedes voltar polo camiño polo que fostes, mais a beleza do lugar ben merece unha segunda ollada. Ademais, cando voltedes cara o núcleo do Freixo, a visión do xa visto será totalmente distinta, sexa pola nova perspectiva das paisaxes ou pola distinta luz que haberá unhas horas despois do voso primeiro paso

2.- Medoñas do alto de San Xoán
Seguindo o camiño chegaredes ao Alto de San Xoán, onde podedes visitar unha das poucas mámoas do concello que se atopa debidamente sinalizada e que aínda conserva parte da coiraza de seixos. Este tipo de construcións responden ás prácticas funerarias dos primeiros habitantes da nosa comarca, fai miles de anos. Nos arredores desta mámoa pódense visitar tamen outros exemplares deste tipo de construcións, tales como a mámoa de Penadaugas ou a mámoa do Furado da Niebla.
3.- O mirador do Alto de San Xoán
Fermosas vistas neste lugar onde aproveitar para descansar e coller folgos contemplando a maxestuosidade do pai Eume, que flúe silandeiro hacia o embalse da Ribeira.
4.- A ermida de San Miguel
Logo dunha pequena camiñata dende o mirador chegaredes á ermida de San Miguel, construída a finais do século XIV. Está integrada no conxunto de Sangoñedo, terreos que na actualidade forman parte da area de natureza do Cabalar. En principio esta visita estará condicionada pola presenza no lugar do persoal responsábel da apertura da cancela de acceso ao recinto.
5.- Círculo lítico do Bidueiral
Está emprazado no punto máis alonxado do roteiro, ao que chegaredes logo de camiñar un bo treito. Trátase dun resto prehistórico sito a uns 50 metros ao sur do desvío que leva ao Bidueiral, e a uns 20 metros á esquerda da pista que leva ao Cabalar. Está nunha pequena planicie a carón dunha mámoa. Ten uns 9 metros de diámetro e consta de grandes seixos e cuarcitas, así coma de laxes de pizarra. Algúns autores din que é o último que se conserva en Galicia destas características.
6.- O muíño dos Feros
Ao muíño chegaremos cando veñamos de volta cara o Freixo. No cruce do Bustelo, colleremos dirección Somede e a unhos 800 metros nunha curva de esquerdas moi pronunciada, na marxe inferior da mesma e cuberto dunha espesa vexetación, atópase este antigo muíño. Os veciños da zona afirman que debe ter máis de douscentos anos de antigüidade e parece ser que pertencía a unha familia de muiñeiros do lugar. O contorno inmediato, desconfigura a beleza da construción, pois son numerosos os refugallos depositados na parte traseira do mesmo, co que o muíño perde parte do seu encanto.
Co motivo da aparición do alcalde de As Pontes nun programa emitido a nivel estatal falando do cambio climático, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, quere expresar o seu parecer do tema o non se lle permitir participar neste programa.
Perplexos contemplamos como o representante dos ponteses, que non da empresa ENDESA, facía una alabanza dos “esforzos que a empresa fai por adaptarse ó cumprimento de quioto, investindo 600 mill. de euros para reducir as emisións de CO2 nun 20 % e as de SO2 practicamente no 100%”
Pois como o propio alcalde tamén dicía, é necesario falar con propiedade destes temas, e os ecoloxistas de as pontes o facemos acudindo os propios datos que a empresa está obrigada a publicar para a súa certificación ambiental. Neste documento lemos que as reducións de emisións serán do 6,9 % para o CO2, e do 96,9% para SO2. Isto significa que a central seguirá emitindo cerca de 10.000.000 de toneladas de CO2 ó ano, case que o dobre do que emite a totalidade do parque automobilístico galego.
Xa ninguén dubida que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais ós que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de emisións de CO2 antropoxénicas como as da térmica de As Pontes. Secas prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten o redor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar estas enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, así como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.

La policía informó de que el camión venía de Viveiro y, en algún punto cerca de Muras, se desvió y apareció en la Costa do Inferno. «Ao ser pendiente, o camión foise cara atrás e quedou atrapado contra o lado dereito da pista», declararon.
El camión es de la empresa de transportes polaca Jan Bauer, y llevaba abrazaderas eólicas de hierro fundido para la empresa de mecanizados Mecace. La policía señaló que cada abrazadera pesa 3.500 kilos y el total de la carga es de 24 toneladas. La mercancía es propiedad de la empresa Vestas que, según explicaron fuentes policiales, se encargó ayer de dar autorización para retirar el camión y pagar a las grúas. Manuel Dopico se había puesto en contacto con la empresa polaca el jueves para explicarles la situación, «pero non deron solución ningunha e tivémonos que facer cargo dende aquí», explicó.
Un trabajo duro y peligroso
La empresa Cuíña se encargó de la retirada y realizó el trabajo en menos de cuatro horas. El primer paso fue vaciar la carga, desatascar el camión y sacarlo de la pista. Para ello se necesitaron una grúa, un camión-grúa y una pala mixta. Hasta el lugar se trasladaron también miembros de la corporación municipal de As Pontes y un dispositivo de la Policía Local, que desde el jueves mantuvo cortada la carretera en los dos cruces inmediatos. El responsable de Cuíña, Eugenio Gato, explicó ayer por la mañana que probablemente necesitarían un día completo para realizar el trabajo. Sin embargo, a las siete de la tarde ya estaban de camino a Penapurreira con el camión polaco detrás, que no sufrió ningún daño en el percance, «para asegurarnos de que non se volva perder», bromeó Gato. El trabajo fue extremamente complicado porque la zona tiene una pendiente muy pronunciada y uno de los laterales termina en un terraplén con mucha altura. Además, la pista es estrecha y con curvas muy cerradas, por lo que las maniobras se vuelven demasiado complicadas. El coste de estos trabajos ascendió a 3.000 euros.
Ahora el conductor puede respirar tranquilo, después de haber pasado tres días incomunicado y asustado, ya que, según explica Dopico, temía que lo detuvieran: «Dicíame que noutros países podíano levar preso». Pero a pesar del obstáculo lingüístico, la población se volcó con él. Tanto la policía como los vecinos le llevaron comida a diario y le ofrecieron posada, aunque el conductor tenía todo lo necesario en el camión. Ahora podrá volver a su casa y contar la odisea que vivió perdido en los montes de O Freixo

Lugar: O Bidueiral
Parroquia: O Freixo
Situación
Localízase a unhos 50 metros ao sur, do desvío que conduce á aldea do Bidueiral e a unhos 20 metros á esquerda da pista que leva ao Cabalar. Atópase emprazado nunha pequena planicie, ao carón dunha mámoa. Predomina no lugar a vexetación arbustiva, que cubre toda a estructura do anel.
Descrición
Ten unhos nove metros e medio de diámetro máximo e está formado por rochas e pedras de seixo e cuarcita, así como laxes de pizarra soterradas verticalmente na terra. Presenta ademais un par de aliñamentos paralelos de pizarra soterrados, a xeito de entrada ao círculo.
Singularidade
Segundo afirman algúns autores é o último círculo lítico que se conservaría en Galicia, logo da destrucción ao longo deste século, dos que se coñecían por escritos e descricións feitas, entre outros, por Maciñeira, Murguía e Villaamil Castro. Outros como Boga Moscoso e Rodríguez Sobral, aseguran que existen ainda hoxe noutras localidades outros exemplos destas formacións monumentais.
Estando a exposición pública o “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV promovido por Picobello Andalucita” o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas ven de presentar as seguintes alegacións:
- Como se pon de manifesto no proxecto esta mina ocupará unha extensión considerable nunha zona colindante co Parque Natural das Fagas do Eume durante a vida útil de dita explotación, máis de 54 anos. Tal intrusión no mellor bosque costeiro atlántico europeo non pode ser de ningunha maneira permitida por unha sociedade que se di desenvolvida. Pistas asfaltadas, balsas de decantación de lodos, escombreiras de 900.000 m3 , escavacións con técnicas de extracción de ripado en 5 ha, modificación do Rego de Cernada mediante unha balsa para suministro de auga...todo elo nun lugar de alto interes faunístico, perto de zonas de cría e campeo do Lobo e de uso do Buho Real entre outras especies protexidas.
- Segundo a Lei 9/ 2001, de agosto, de conservación da natureza di no artigo 12, “Os parques son áreas naturais, pouco transitadas polas actividades humanas, que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou da singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, educativos ou científicos dos que a súa conservación merece unha atención preferente.[..] Nos parques poderase limita-los aproveitamentos dos recursos naturais, prohibíndose en todo caso os incompatibles coas finalidades que xustificasen a súa creación”.Parece pois evidente que esta obra o xerar un forte impacto no Parque Natural das Fragas do Eume, a Consellería de Medio Ambiente como responsable da xestión dos espazos da Rede galega de espazos naturais protexidos, ten que denegar o permiso de explotación.
- Este proxecto que se somete a información pública ven a ser a corrección do presentado no ano 2003, do cal a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerou ambientalmente inviable na resolución de setembro de 2006, en base as seguintes consideracións:
1- Afectaba en 40 Ha ó Parque Natural Fragas do Eume
2- Destruía hábitats importantes como.
. Uceiras húmicas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetrálix (código 4020 e hábitat natural prioritario)
. Uceiras secas europeas (código 4030 e hábitat natural de interese comunitario )
Parece pois lóxico pensar que o novo proxecto debería ser tamén ambientalmente inviable ó xuízo da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, xa que este segue afectando ó Parque Natural e os hábitats naturais citados.
- Estupefactos puidemos ler na prensa a existencia dun presunto “pacto” entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa beneficiaria do proxecto, cabe esixir unha explicación por cada unha das partes sobre as condicións de dito “pacto” no caso de existir. Tal manobra política debería ser rechazada en todo momento ó saltarse tódolos procedementos legais do proceso de concesión.
- O plan de seguimento e vixiancia é moi escaso e pouco adecuado, por exemplo, non prevé situacións de emerxencia ante a rotura dunha balsa de decantación.
- No tocante as instalacións de tratamento e os reactivos a empregar atopamos unha insuficiente explicación, sendo un dos aspectos que maior impacto pode causar ante unha hipotética filtración, rotura de balsa ou verquido de reactivos, solo se citan algúns reactivos como o preparado ferrosicílico e suspensións pero sen indicar nin sequera os reactivos líquidos e floculantes que se pensa usar. E moi importante coñecer os ácidos decapantes que se van a usar na separación do mineral para coñece-lo seu posible impacto.Tampouco se reflexa como será alimentado o secador , dise que pode ser con gasoil ou propano, nin sequera se teñen en conta modelos de produción de enerxía respetuosos co medio, propoñendo enerxías alternativas.
- En canto os verquidos, en ningún momento se caracteriza de ningunha maneira os verquidos a balsa de estériles, definíndoos como elementos inertes sen ningún perigo cando parte do mineral a extraer procede de asociacións químicas con metais pesados como arsénico, de gran poder contaminante. Por tanto o proxecto elude caracterizar químicamente os lodos a verter na balsa de estériles dada a perigosidade da súa composición e non ofrece alternativas de tratamento, nin métodos de neutralización deses compostos. Dada a composición claramente tóxica e perigosa destes residuos os que o estudo quere chamar inertes, deberían ser tratados por tanto como residuos tóxicos e perigosos. Por outra banda para o deseño da balsa non ofrece datos clarificadores de si dalgún modo se pode chegar a saturación da mesma e producirse un episodio de contaminación moi grave. Non se di con que frecuencia, nin como será a limpeza das balsas.
- E polo menos neglixente a inexistencia dun estudio hidrolóxico adecuado as características da explotación proxectada, a existencia de estruturas susceptibles de producir contaminación freática e fluvial e as dimensións e localización da obra nun Parque Natural fan ó noso xuizo imprescindible tal estudio.
- Unha mostra máis do pouco rigoroso deste estudio é a ausencia de Bibliografía e estudios rexionais e locais, así como o feito de que en ningún momento se fai referencia os catálogos rexionais de especies ameazadas nin a lexislación autonómica.
- Queremos calificar de insultante que a única medida que se toma no proxecto por factores ambientais, é o compromiso de manter unha masa de pino para o seu uso como efecto pantalla, para producir un impacto visual nulo dise.
- O proxecto xustifica a explotación como de utilidade pública e social polo artigo 2 da ley de minas, parece máis que superado este tema coa cantidade de lexislación autonómica que protexe o Parque Natural dende a súa declaración por decreto 218/1997 do 30 de xullo,a incidencia supramunicipal do proxecto tamén a poñemos en dubida co artigo 4 do decreto 80 /2000 que dispón : “...hai que ter en conta entre outros criterios os efectos positivos que produza no medio ambiente, paisaxe rural e no patrimonio cultural...” Non vemos por ningún lado estes efectos positivos.
- Si vemos como algo positivo os postos de traballo xerados pola empresa, pero se o Parque Natural tivera unha xestión apropiada, creación dun equipo de educación ambiental específico, aumento do servizo de vixiancia, necesitaría un número superior de empregados os ofrecidos pola mina.
Cremos máis que suficientes estes argumentos para solicitar a retirada do “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV 1ª fracción número 6156.1, da provincia da Coruña e promovido por Picobello Andalucita”. Ou que a perceptiva Declaración de Impacto Ambiental sexa NEGATIVA, e que en consecuencia non se permita a construción do proxecto.